Peixucx,
Eis o noso novo traballo, sob o nome xenérico de Tribo.
Tribo, porque formamos parte dun colectivo humano, co que celebramos unha unión, unha identidade. E porque fai tribo quen, de xeito desinteresado colabora, dun ou doutro xeito. E, en terceiro lugar, non deixamos, a xente do trádi, de sermos unha tribo urbana.... Heteroxénea, abofé que si, porén tribo....
En Tribo hai 17 cortes, centrados en 7 lugares:
- Gargamala (Mondariz, PO)
- O Ézaro (Dumbria, AC)
- A Illa de Ons (Bueu, PO)
- Vilarello de Donis (Cervantes, LU)
- Liñares (Avión, OU)
- A Vila d'A Igrerxa (Cerceda, AC)
- Santaia de Moar (Frades, AC)
Hai un pouco de todo, a verdade... Solto, agarrado (sobre todo, pasodobres...).
A presenza das e dos informantes gana mais peso (abre o disco a veciñanza de Aboal, cun cantar da Aña, que nos quedara por meter no Corricán, e tiñamos unha conta pendente), tamén Pilar Mallo ou Amparo de Areal, ou Ricardo Lagares...
Por primeira vez, tamén (si, xa sabemos que en Corricán colaborou connosco o grupo de rock Salvador, porén) no que é o tradicional, gravaron connosco unha série de compañeiras e compañeiros. Quixeramos que foran mais, porén xa virán outras aventuras.... O grupo Xodó, o acordionista, Norberto Magín, à zanfona Eloi Pérez, e à gaita Alejo Gispert.... E o Xurxo Souto arrimou uns textos....!!
E apoiamos na xenerosidade desta Tribo.... Hai uns anos, no 2022, Ríchi Casás pasou o legado da sua família. Rosa e Adolfina Casás eran grandes cantadoras, improvisadoras (diriamos que regueifeiras, pola sua capacidade de improvisar), con grande riqueza de coplas, e de saber.... Se ben no 2023 gravamos tres pezas logo de ganarmos o concurso Interritmos: Sons do Rural, para este traballo regravamos parte do seu repertório. E sentimos que, por tempo. basicamente, Ríchi non puidera estar fisicamente en Tribo. Por outra banda, Guillerme Inácio Costa cedeu parte das recollas que reelaboramos en Ons... Pezas e coplas botadas por Benedita (A Sentuleira), Maria do Cano e Irena Patiño (dó Canexol). Fixemos un remexidos de coplas das que cantaban estas tres muleres, e aló fomos, con catro pezas d'A Illa!
Agardamos que vos preste. Nun par de semanas estará nas plataformas e, xa que logo, apresentaremos onde podamos.
Está atentx!!!
Bico grande!!
