Peixucx!
Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!!
Arrimaches??
maghua.cantareiros@gmail.com 696607342
Peixucx!
Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!!
Arrimaches??
Peicuvx!!
Maghúa estivemos, si, en pasado, o 23 de maio en Orazo, A Estrada, para participarmos non Manguelo Folk... .
Non vimos a Erundina, porén agardamos poder estar con ela nas vindeiras edicións!
Arrimaches???
Peixucx!!
Maghúa participamos na Festa da Reconquista da Vila de Vigo!!
Estaremos no cenário do Paseio de Afonso, a dar o feche à festa, o domingo 29 às 20.00 h.
Viva Vigo ceive!!
Achegas-te e botas unhas bailas??
Anima-te!! Arrima-te!!
Eis o noso novo traballo, sob o nome xenérico de Tribo.
Tribo, porque formamos parte dun colectivo humano, co que celebramos unha unión, unha identidade. E porque fai tribo quen, de xeito desinteresado colabora, dun ou doutro xeito. E, en terceiro lugar, non deixamos, a xente do trádi, de sermos unha tribo urbana.... Heteroxénea, abofé que si, porén tribo....
En Tribo hai 17 cortes, centrados en 7 lugares:
- Gargamala (Mondariz, PO)
- O Ézaro (Dumbria, AC)
- A Illa de Ons (Bueu, PO)
- Vilarello de Donis (Cervantes, LU)
- Liñares (Avión, OU)
- A Vila d'A Igrerxa (Cerceda, AC)
- Santaia de Moar (Frades, AC)
Hai un pouco de todo, a verdade... Solto, agarrado (sobre todo, pasodobres...).
A presenza das e dos informantes gana mais peso (abre o disco a veciñanza de Aboal, cun cantar da Aña, que nos quedara por meter no Corricán, e tiñamos unha conta pendente), tamén Pilar Mallo ou Amparo de Areal, ou Ricardo Lagares...
Por primeira vez, tamén (si, xa sabemos que en Corricán colaborou connosco o grupo de rock Salvador, porén) no que é o tradicional, gravaron connosco unha série de compañeiras e compañeiros. Quixeramos que foran mais, porén xa virán outras aventuras.... O grupo Xodó, o acordionista, Norberto Magín, à zanfona Eloi Pérez, e à gaita Alejo Gispert.... E o Xurxo Souto arrimou uns textos....!!
E apoiamos na xenerosidade desta Tribo.... Hai uns anos, no 2022, Ríchi Casás pasou o legado da sua família. Rosa e Adolfina Casás eran grandes cantadoras, improvisadoras (diriamos que regueifeiras, pola sua capacidade de improvisar), con grande riqueza de coplas, e de saber.... Se ben no 2023 gravamos tres pezas logo de ganarmos o concurso Interritmos: Sons do Rural, para este traballo regravamos parte do seu repertório. E sentimos que, por tempo. basicamente, Ríchi non puidera estar fisicamente en Tribo. Por outra banda, Guillerme Inácio Costa cedeu parte das recollas que reelaboramos en Ons... Pezas e coplas botadas por Benedita (A Sentuleira), Maria do Cano e Irena Patiño (dó Canexol). Fixemos un remexidos de coplas das que cantaban estas tres muleres, e aló fomos, con catro pezas d'A Illa!
Agardamos que vos preste. Nun par de semanas estará nas plataformas e, xa que logo, apresentaremos onde podamos.
Está atentx!!!
Bico grande!!
Após tocarmos en Lugo polo San Froilán, e outra série de cuestións, encaramos a vindeira fin de semana cheiña de cousas.....
- Sexta feira (venres) 7: Magosto en Labañou (A Coruña). Arraigo. Concello d'A Coruña.
- Sábado 8: V° Magosto Arrincadeira (A Pobra do Caramiñal). Rede Cultural Deputación d'A Coruña.
- Domingo 9: Evento privado.
Xa sabes!! Se podes.... Anima-te!! Arrima-te!!
PS. E, de todo ir ben, nun par de semanas o novo traballo vai coa proa cara ao fábrica!!
Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??