Amosando publicacións coa etiqueta Maghua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maghua. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de agosto de 2025

MAGHÚA NO BRIÓN FOLK FESTIVAL 1800

 

Peixucx!!

Esta fin de semana botaremos unhas cantareas para que ti bailes, en Brión (ollo, na área de Ferrol).

Poremos proa ao Brión Folk Festival 1800, na primeira edición. 

Agradecidos, de corazón, a quen empeñou dende o minuto cero en que participaramos..... Fai-nos boa ilusión!!

A organización pon de relevo a batalla de Brión, na que o povo (só o povo salva ao povo) desbaratou unha invasión inglesa (dis que un corso celebrou con champaña a vitória e a valentia dxs ferroláns e ferrolás, iso si, uns anos antes de vir ele mesmo cobrar a mesma moeda).

Por desgraza, os ingleses non son os únicos que pensan que é todo seu..... 

Xa ves que hai muitas opcións na fin de semana.... Animas-te?? Arrima-te??

luns, 18 de marzo de 2024

MAGHÚA ENTRAMOS NO CONSERVATÓRIO SUPERIOR D'A CORUÑA!!

 


Pois si, amigas e amigos.....O vindeiro 12 de abril, Maghúa daremos o feche às !as Xornadas Galiza en Mao Comun: Ideiasa, Maréria, Sonoridade. 

Tocaremos no Auditório Andrés Gaos, do CSM d'A Coruña, ao rematar o programa que colamos sob estas liñas. 

Haberá baile? Quen sabe... Apresentaremos algo novo? Quen sabe.....

Aire!!



MAGHÚA RECUNCAMOS N'A TOBEIRA DE OZA!!

 


Maghúa celebraremos a nosa Música e Literatura o vindeiro sábado, 6 de abril (bon, sempre o facemos, eh?)


CELEBRANDO A NOSA MÚSICA E LITERATURA  DA MAO DA A. C. XERMOLOS  é unha xornada que comezará às 17.30, coa apresentación de Rádio Pardiñas e da revista e o livro editados por Xermolos.


Às 19.00 o amigo, investigador e músico Ríchi Casás apresenta o seu traballo "Fuliada n'A Vila", livro-CD baseado nas gravaciións que Dorothé Schubart e Antón Santamarina fixeran en marzo de 1981 à sua madriña e à avoa do autor: Rosa e Dolfina, n'A Vila da Eirexa (Cerceda).

Apartir das 20.30, concerto de Maghúa e foliada livre.... Trae o teu instrumento e bota-lle un par de bailes e de pezas!!


Aire!!

MAGHÚA NO PORTO ALÉ, EN SANTA CRUZ!!!

 


Maghúa retomamos o contacto cos bares esta vindeira sexta (venres).


Teremos o enorme pracer de tocarmos na Foliada de Benvida que andan a argallar en Porto Alé (Rua do Mar 2, Santa Cruz, Oleiros).


Fai-nos especial ilusión poder achegar as pezas novas aqui. As cervexas Alé son artesanai, e saben beeennnnn..... 


Anima-te a vir e botar uns bailes. Tamén podes tocar unhas na foliada livre que haberá logo!!!


Aire!!!

venres, 20 de xaneiro de 2023

MAGHÚA RECALAMOS NO PORTO D'A ARCA DE NOE, EN VILAR DE SANTOS!!


 Peixucxs!!

Mañá sábado recalamos n'A Arca de Noe, en Vilar de Santos, OURENSE...!!

Temos gana de regresar por terras ourensás, a verdade... 

Non poderemos estar todxs, porén daremos todo....

Repasaremos algo do que temos gravado, e do que non....

O que si é importante é que veñas, porque.... Quid pro quo, Clarice...., quid pro quo.... Nós tocamos e ti pos o baile!! 

Poderás cear n'A Arca, se queres. 

Hora, às 21.30!!

Aire!!



venres, 18 de novembro de 2022

MAGHÚA AC CO PROXECTO CÁRCERE!!!


Maghúa AC estaremos ao completo (As Maghúas e Maghúa) o vindeiro domingo fronte ao edifício do cárcere vello d'A Coruña. 

Collemos o testemuño do sempre chorado Johnny Cash e a sua visita a Folsom. Bon, desta volta sen présos entre os muros do cárcere. 

Atendemos o chamado que fixo a asociación Proxecto Cárcere, e estaremos en família xunto coas nosas adoradas Pandereperras, co admirado Moncho do Orzán e cos queridos Son d'Aquí.

En caso de que a xuva non deixe trégua, vemo-nos no local de Acéfala (Hércules, 73).


PS.Hai xa uns cantos anos, na AC Maghúa solicitaramos ao (daquela) governo bipartito municipal a cesión do espazo do cárcere para desenvolver os nosos Iº obradoiros Maghúa de Folclore Galego. Estes espazos foron cedidos. Logo chegou o cámbio de governo municipal, e supoñedes como nos foi denegado, polo governo entrante, o que nos fora previamente concedido....

luns, 31 de outubro de 2022

MAGHÚA NO MAGOSTO CUIR DE CHANTADA!!!


Rapazada!!!


O vindeiro sábado, 12 de santos, estaremos en Pincelo, Chantada, a participar do Magosto Cuir que organizan as xentes de Sacra Experience!!!

Estaremos con Personne, Meiga-i, e contigo, se vés!!! Logo hai cantos de taverna (nós iremos xa ben tavernadxs), e antes, podes construir un pandeiro vegano!!!

O programa, no cartaz!!!

Vén botar uns pontos!!

MAGHÚA NOS CANTOS DE TAVERNA DE ORDES!!!



 Rapazada!!!

O vindeiro venres, 4 de santos, estaremos en Ordes a facer algo que hai tempo que non facemos... Cantar!! Ejem..., participarmos nos Cantos de Taverna que organizan os amigos de Embruxo gaiteiros!!

Ademais deste encontro tavernário, hai unha xeira de actividades (A Convidada) que podedes ver no cartaz....

A ver como acaba o conto!!! Agardamos, iso si, ver-vos a todxs ali!!

sábado, 15 de outubro de 2022

MAGHÚA NA FOLIADA DA CORUÑA DO 20 DE OUTONO!!




Pois nada, que entre propostas duns colectivos e iniciativas doutros, a época postpandémica abre cunha luz ao final do túnel COVID.

A vindeira quinta (xoves) participaremos (As Maghúas e Maghúa) na Foliada d'A Coruña que organizan xs amigxs da Asociación Cultural Donaire. e que se celebrará na Nave Donaire (Polígono d'A Agrela, Dr. Torres Quevedo).

Estaremos ben acompañadxs pola (e acompañando à) EMBT de Coirós, e asAxeitadiñas e xs gaiteirxs de Donaire. 

Vide botar uns pontos!!! Que isto arrinca, e hai que se pór en forma!!!

martes, 23 de agosto de 2022

MAGHÚA (Asociación Cultural), na Romaria de Santa Margarida, n'A Coruña!!

 

Co remate deste mes regresa unha das tradicionais festas da nosa cidade, a Romaria da Santa Margarida!!

Tres días de festexos para dar feche (bon, non no senso literal, xa que quedan pendentes as festas de Elviña, Montealto, Novo Mesoiro….) às festas da vila atlántica… Tres días de música de noso, actividades varias, obradoiros….

A sexta (venres), 26 de agosto, distintas asociacións da cidade xuntaremos no cenário do anfiteatro do parque para, entre todas, montarmos a grande noite do folclore. Partillaremos cenário con Cántigas da Terra, AF Aturuxo, A.C. Donaire e a A. C. Son d’Aquí.

O sábado toca ir à escola cos obradoiros que haberá nos arredores da Casa das Ciéncias…. A Asociación Cultural Maghúa impartiremos un obradoiro de Ribeirana no sul de Ponte Vedra, no que achegaremos unha deconstrución de pontos d’O Condado. Ao longo de todo o dia haberá distintos obradoiros para a rapazada e para a mocidade, asi como concertos…

O domingo 28 é o mais tradicional, con concertos e merendiñas.

De andardes n’A Coruña, non o perdades!!

Eis o programa completo!!





mércores, 29 de xuño de 2022

MAGHÚA IMOS A MOS!!! O SON DO PAZO, 2 DE XULLO!!!

 


Maghúa visitamo Mos!!!

O vindeiro 2 de xullo participaremos na Foliada que andan a argallar xs amigxs de O Son do Pazo...

Antes de tocarmos nós, haberá un obradoiro de baile ben interesante, a cárrego de Rebeca Tallón,  e un concertiño de A Nosa Terra de Pereiras!!!

Logo, foliada livre!! 

Arrima-te co teu instrumento!!!!

martes, 14 de xuño de 2022

MAGHÚA CELEBRAMOS O XVIIIº ANIVERSÁRIO DO XOLDRA (GUITIRIZ)!!!

 Peixucxs!!!

A vindeira sexta (venres) participaremos nas festas de aniversário do pub Xoldra, de Guitiriz!!!

18 anos (quen nos dera esa idade!!) de vida para un local como este, supón que o traballo que se desenvolve é bon, e do agrado da xentiña..... Nós damos fe... 

Sentimos honrados de poder volver ao Xoldra, logo de case que 6 (?) anos. Para colmo, coincide coa festa da Sidra e da tortilla (o Xoldra do Chitiño é unha institución na sua elaboración)!!

Vide botar uns pontos ao son da pele, da madeira e do metal!! E traede os vosos instrumentos!!

E aproveitade, se podedes, o resto da programación da fin de semana!

Aire!!




venres, 3 de xuño de 2022

Maghúa na final do INTERRITMOS: Sons do rural 2022!!

 


Maghúa estamos encantados.... Este vindeiro sábado botaremos o dia no Náutico de San Vicente d'O Mar (Ogrobe) para participar na final do concurso INTERRITMOS. sons do rual, nesta edición de 2022.

As audicións finais comezan às 16.00h!!

Obrigados a quen nos escolleu para chegar a esta fase, e apertas a todas as propostas musicais (as que tocarán mañá e às que non)

Se podes, achega, e bota uns pontos!!!

luns, 28 de marzo de 2022

MAGHÚA NO SERÁN DO SOR!!

Caros!! 

Logo de todo este parón pandémico, comezamos unha nova xeira (e que dure muito!!). 

O vindeiro xoves 14 de abril participaremos na xornada que están a argallar xs amigxs de O Serán do Sor...

No entorno da Casa Labrada, en Grañas do Sor... 

Arrimade-vos para mover o esqeulete!! 


Aire!!







xoves, 20 de xaneiro de 2022

Algo de memória, e un CV

Maghúa somos un grupo de cantadores nado na cidade d'A Coruña en Natal de 2006. 

Tentamos anovar a imaxe da música tradicional da Galiza fuxindo de calquera estereótipo ou prexuizo. 

Botan à auga como grupo de cantareiros: voz, pandeireta e outras percusións tradicionais, con dous obxectivos primordiais à hora de traballar: recuperar e transmitir parte da tradición oral do País dos Galegos e Galegas e pasá-lo ben. Nas nosas actuacións, entendemos, a tradición converte en baile e en festa.

Escollemos o nome Maghúa, como unha variante, à galega, do termo "manjúa", empregado tradicionalmente polas xentes do mar na franxa cantábrica para denominar un banco de peixe azul (sardiña, bocarte...), ou no Caribe, para referir ao banco de peixe miúdo. 

No 2009 constituimos a Asociación Cultural Maghúa, o que nos permite dar un pulo às nosas actividades. 

No ano 2010 adican-nos un capítulo completo do seriado Alalá, da TVG, programa que promove a música tradicional galega en todas as suas formas. Eis a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=JRvCDSj3Hdk

Dende o ano 2011 organizamos os Obradoiros Maghúa de Folclore Galego, con notábel suceso de participación. 

No 2012 publicamos o seu primeiro traballo discográfico, sob do título "Corricán", en referéncia a esta técnica de pesca respectuosa co meio. Asi entendemos o traballo de campo que realizamos. 

No 2013 chegamos formar un grupo de baile, e relanzar o Bando de Reis de Neira de Rei neste marabilloso lugar situado entre Baralla e Becerreá, Lugo, no que recuperamos a tradición de andar os  Reis de porta en porta neste val. 

O grupo de cantareiros publican Mátria no 2014. A ideia é levarmos ao tempo no que as avoas, e as avoas destas avoas, pasaban tardes enteiras cantando, contando e fiando histórias aos seus netos e netas à calor das cociñas. Supón a primeira gravación das nosas compañeiras, As Maghúas. 

Representamos a cultura tradicional de Galiza por todo o País, polo Estado e até por parte de Europa: Bologna (Itália), Seia e Porto (Portugal), Xenevra (Suíza), París ou Marsella (Franza).

Aparecemos en distintos meios públicos, galegos e foráneos; na imprensa, no rádio e na TV,

Entre os prémios e mencións acadados (que algun levamos), por esta turma destaca o Iº Prémio no Iº Concurso Folkarria de Música e Baile, celebrado en Alcalá de Henares, Madrid, no seo do Folkarria Eco Festi-Bal, o festival de Bal-Folk mais importante de Europa. 

Impartimos obradoiros de canto, pandeireta e bailes tradicionais a todo tipo de públicos, incluso antes das nosas actuacións. 

Discorgafia de noso: 

- Corricán (2012, Inquedanzas Sonoras)

- Mátria (2014, Inquedanzas Sonoras).

A situación provocada pola pandémia COVID colleu-nos a preparar o noso terceiro traballo, que veu adiada a sua publicación. 


Colaboracións en CD:

- República Billarda. Disco Palán. Editado en 2010 pola Liga Nacional de Billarda.

- Cantares de Reices. Disco colectivo editado polo Concello de Boimorto, A Coruña.

- XXIXa Festa da Carballeira de Zas. Editado en 2012.

- Proxecto Sapoconcho.

- Banda de gaitas Eduardo Lorenzo, publicado pola Artística Gallega do Centro Galego d'A Havana.


Contacto:

maghua.cantareiros@gmail.com

+ (34) 696 607 342 (Davide) / + (34) 881 167 532






Maghúa regresamos ao Blogger...

Logo de vários anos en parada pandémica, sen practicamente actividade, e co feche de Blogaliza, andamos de volta no Blogger....

Aqui iremos posteando diferentes cousas, co tempo. Anúncios de concertos, fotos, vídeos, ligazóns a cousas que nos parezan interesantes, recollas.... 

Ademais de navegarmos polo Instagram (https://www.instagram.com/maghua_cantareiros), polo Facebook (podes procurar-nos como Maghúa cantareiros ou como AC Maghúa), tentaremos cavalgar novamente as ondas do Blogger.

Enrola connosco!! Arrima-te!!



MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??