Amosando publicacións coa etiqueta Abril. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Abril. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de abril de 2024

MAGHÚA TOCAREMOS NO CONSERVATÓRIO SUPERIOR D'A CORUÑA!!!

 


Peixucx!!


Como comentabamos hai un par de sesmanas (sentimos ser pesadxs....), o vindeiro 12 de abril tocaremos no Auditório Andrés Gaos, do CSM d'A Coruña.... 

Teremos o enrome pracer, e a grandísima responsabilidade, de fecharmos unhas xornadas, a"!ª Xornada Galicia en Man COmús: Ideas, Materia, Sonoridade". 

Música tradicional no Conservatório? Encantadxs.... Obrigadxs a quen nos chamou!!! Ar fresco!!

Podes vir bailar, eh?? Anima-te!!

O programa é o que colamos abaixo...


Aire!!!






luns, 24 de abril de 2023

MAGHÚA NA NOITE NOS CRUTOS!!!


Rapazada!!


Este vindeiro sábado, 30 de abril, andaremos a tocar neste encontro da Noite dos Crutos...

Partillaremos o espazo do Castro coa Banda de Gaitas Os Rexumeiros de Elviña - Castro, cos bretóns Le Gall Carré e con Luar na Lubre. 

Os Crutos é como a veciñanza de Elviña coñece o Castro que ali se atopa. 

Haberá visitas guiadas ao Castro nas horas indicadas. 

Vén bailar, ho!! É domingo, porén o dia seguinte é feriado!!

mércores, 19 de abril de 2023

MAGHÚA NA SALA KOMINSKY (VIGO)!!!

 

Peixucxs!!

Este vindeiro sábado recalamos no porto de Vigo!!! 

Faremos bon o dito F**k AP9, nunha viaxe lóstrego à cidade olívica, na que tantos e  tan bos recordos temos gardados ainda na retina....!!

Recuperadxs da Reconquista, se queredes botar uns pontos, andaremos a faenar no caladoiro da SALA KOMINSKY, apartir das 21.30....

Avisadxs estades!! Logo non digades!!



sábado, 15 de outubro de 2022

MAGHÚA IMOS A LEIRO (OURENSE!!! O VINDEIRO 22 DE OUTONO, À Iª FOLIADA DA ESCAROCHA!!!


O vindeiro sábado 22 de outono ocorrerá algo (sen dúbida). E ti dirás, "que?"

Coa dixestión sen facer (a dixestión do noso concerto no Mercado Municipal de Santo Agostiño, n'A Coruña, convertido en acción musical), montaremos no catro cavalos (ou na bicicleta) para pór rumbo às terras de Orega, en Leiro (Ouresnse). Pistearemos por meio País para chegar à Iª Foliada da Escarocha, onde fomos convidadxs xunto coxs nosxs benquerixs e admiradxs ABRIL e diversos grupos de músicas tradicionais do País. 

Ao remate haberá unha foliada aberta na que baixaremos os quilos gañados de xeito directamente propoircional à inxesta dos produtos típicos da zona que degustaremos (ollo, non só nós, eh? ), e que ben podian catar xs protagonistas do cartaz (que están a quedar nos ósos). 

Vide visitar O Ribeiro, a bocarribeira do Ávia, en Orega. Seguro que paga a pena!! Vén preparadx con calzado bon, porque bailar vai ser necesário!!! 

Arrima-te!!

MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??