Amosando publicacións coa etiqueta AC Maghúa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AC Maghúa. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de febreiro de 2026

MAGHÚA TEMOS NOVO TRABALLO!! EIS O TRIBO!!!!!


 Peixucx, 


Eis o noso novo traballo, sob o nome xenérico de Tribo. 

Tribo, porque formamos parte dun colectivo humano, co que celebramos unha unión, unha identidade. E porque fai tribo quen, de xeito desinteresado colabora, dun ou doutro xeito. E, en terceiro lugar, non deixamos, a xente do trádi, de sermos unha tribo urbana.... Heteroxénea, abofé que si, porén tribo....

En Tribo hai 17 cortes, centrados en 7 lugares: 

- Gargamala (Mondariz, PO)

- O Ézaro (Dumbria, AC)

- A Illa de Ons (Bueu, PO)

- Vilarello de Donis (Cervantes, LU)

- Liñares (Avión, OU)

- A Vila d'A Igrerxa (Cerceda, AC)

- Santaia de Moar (Frades, AC)

Hai un pouco de todo, a verdade... Solto, agarrado (sobre todo, pasodobres...). 

A presenza das e dos informantes gana mais peso (abre o disco a veciñanza de Aboal, cun cantar da Aña, que nos quedara por meter no Corricán, e tiñamos unha conta pendente), tamén Pilar Mallo ou Amparo de Areal, ou Ricardo Lagares...

Por primeira vez, tamén (si, xa sabemos que en Corricán colaborou connosco o grupo de rock Salvador, porén) no que é o tradicional, gravaron connosco unha série de compañeiras e compañeiros. Quixeramos que foran mais, porén xa virán outras aventuras.... O grupo Xodó, o acordionista, Norberto Magín, à zanfona Eloi Pérez, e à gaita Alejo Gispert.... E o Xurxo Souto arrimou uns textos....!!

E apoiamos na xenerosidade desta Tribo.... Hai uns anos, no 2022, Ríchi Casás pasou o legado da sua família. Rosa e Adolfina Casás eran grandes cantadoras, improvisadoras (diriamos que regueifeiras, pola sua capacidade de improvisar), con grande riqueza de coplas, e de saber.... Se ben no 2023 gravamos tres pezas logo de ganarmos o concurso Interritmos: Sons do Rural, para este traballo regravamos parte do seu repertório. E sentimos que, por tempo. basicamente, Ríchi non puidera estar fisicamente en Tribo. Por outra banda, Guillerme Inácio Costa cedeu parte das recollas que reelaboramos en Ons... Pezas e coplas botadas por Benedita (A Sentuleira), Maria do Cano e Irena Patiño (dó Canexol). Fixemos un remexidos de coplas das que cantaban estas tres muleres, e aló fomos, con catro pezas d'A Illa!

Agardamos que vos preste. Nun par de semanas estará nas plataformas e, xa que logo, apresentaremos onde podamos. 

Está atentx!!!


Bico grande!!

xoves, 28 de agosto de 2025

MAGHÚA FACEMOS TRIPLETE ESTA FIN DE SEMANA!!

 




Peixucx! 


Esta fin de semana chega con triplete!!


O sábado 30, obradoiro de percusión tradicional na @romaria_santamargarida, da mao do compañeiro @serxio_perez. 


Logo, a todo meter, collemos cara o Novo Mesoiro....


Xa o domingo, volvemos ao @festivaldelaluz_boimorto, dentro do programa Interritmos...


Anima-te!! Arrima-te!!

venres, 22 de agosto de 2025

MAGHÚA NO BRIÓN FOLK FESTIVAL 1800

 

Peixucx!!

Esta fin de semana botaremos unhas cantareas para que ti bailes, en Brión (ollo, na área de Ferrol).

Poremos proa ao Brión Folk Festival 1800, na primeira edición. 

Agradecidos, de corazón, a quen empeñou dende o minuto cero en que participaramos..... Fai-nos boa ilusión!!

A organización pon de relevo a batalla de Brión, na que o povo (só o povo salva ao povo) desbaratou unha invasión inglesa (dis que un corso celebrou con champaña a vitória e a valentia dxs ferroláns e ferrolás, iso si, uns anos antes de vir ele mesmo cobrar a mesma moeda).

Por desgraza, os ingleses non son os únicos que pensan que é todo seu..... 

Xa ves que hai muitas opcións na fin de semana.... Animas-te?? Arrima-te??

xoves, 5 de xuño de 2025

RESUMO DO CICLO (NON REMATADO) DAS LETRAS GALEGAS!!!


 Peixucx!!


Levamos tempo sen andarmos por estes lares. Estivemos ben liados.....

Coa chegada do mes das Letras Galegas (ollo, que todo o ano é das Letras Galegas) tivemos unha série de aventuras. Dividimos en grupos, incluso, para facermos fronte ao que veu....

Visitamos un par de de centros de ensino (e o que queda) achegando o repertório de Agranzón, Mens, e Vila d'A Eirexe.... (5 e 9 de maio).Tamén puxemos o feche à xornada sobre a figura das CANTAREIRAS que organizou a Equipa de Dinamización Lingüística do Conservatório Superior de Música d'A Coruña (8 de maio). 

Participamos do ciclo das Letras Galegas organizado polo Concello d'A Coruña, na noite do 16 de maio. 

O pasado 24 tocamos por primeira vez en Euskal Herria, no Centro Galego de Araba, en Gasteiz. 

Incluso participamos nunhas Residéncias Artísticas en Toledo "El viaje del artista", ao abeiro da Fundación Paideia Galiza e da Fundación Paco de Lucia (si, e doutros entes territoriais).

E, mentres avanzamos na gravación do noso novo traballo, tamén tocamos en Cuba. Da mao da Asociación Cultural Tres por Cuatro, da Federación de Entidades Gallegas, e da S. X. de Emigración da Xunta de Galiza e da Cátedra de Língua Galega da Universidade d'A Havana. 

Oferecemos cinco bólos: 

- Espazo multidisciplinar EL PALENQUE.16/05.

- Irmandade Galega Rosalia de Castro. 17/05.

- Bule Bar 66. Local de Salsa. 17/05.

- Centro Galego d'A Havana. 18/05.

- Cubadisco. Feira Internacional de Música en Cuba. 18/05.


luns, 16 de decembro de 2024

MAGHÚA DESPEDIMOS O 2024 A TOCAR!!



Peixuvx!!


O vindeiro sábado, 28 de decembro, imos despedir o ano botando unhas pezas na praza Emílio Jaspe Deza, en San Vicenzo de Elviña. 

Se o pasado ano despedimos na praza de Lugo e na d'As Cunchiñas, desta volta collemos a proa cara un lugar que para nós é casa. 

Anima-te a participar. Haberá baile, haberá música, e bon rollo. 

E, ollo, non é unha inocentada, eh? Aproveitaremos as aulas de baile de Xiao para que o alumnado participe nunha foliada, e improvise pontos e voltas e mais tabóns, ao seu livre albedrio....

E haberá festiña, seguro!! Xa podes vir preparadx,con calzado cómodo e gana de o pasar ben!!

Colaboran o concello d'A Coruña e a Asociación Cultural Tempo Novo.

Anima-te!! Arrima-te!! Despide o ano antes de tempo!!

 

xoves, 14 de novembro de 2024

MAGHÚA NO CUBERTO DE CEBEIRO!!


 Peixucx!!


O vindeiro sábado collemos o John Deere para irmos botar unhas pezas nas Xorndadas da Debulla organizadas en Penelas pola asociación Trinxidoiro....

Partilllamos noite con Rosendo (ollo, non é Rosendo Mercado, sernón o),  gaiteiro de Avión!!!


Agardamos-te ali, para bailar!!! E para lle botar unhas, claro!!!


Anima-te!! Arrima-te!!

venres, 11 de outubro de 2024

Maghúa no Festival SiSóns, Enclave Musical, en Compostela!!




Peixucx,

Esta semana participaremos nun encontro musical en Compostela. O SiSóns!! 


O 16 tocaremos no Auditório Abanca da cidade dxs Picheleirxs!! Às 18.30. Logo van Las Sanguijuelas del Guadiana, gruparral de RockandRoll.


Se ollas a foto de abaixo  verás todo o programa!


Anima-te!! Arrima-te!!




venres, 26 de xullo de 2024

MAGHÚA EN CORUXO (VIGO)!!


Peixucx!!


Maghúa estamos a aquecer motores para a visita que facemos mañá a Coruxo, Vigo, da Mao dxs amigxs d'A Buxaina!!

Podes vir preparadx para bailar, ou non. Ti decides!!

Anima-te!! Arrima-te!! 

luns, 8 de xullo de 2024

MAGHÚA EN SAN PEDRO DE NÓS!!!


 Peixucx!!!


O vindeiro 20 de xullo abriremos o rego en San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña).


Respondemos ao chamado dxs amigas d'Os Rueiriños de Nós, pàra botar unhas pezas logo da Mostra Folclórica (xa van XIX!!).


Haberá Mostra folcórica con grupos galegos e estremeños, churrascada, feira de artesania, sorteos, foliada livre.... 

E nós, en Nós, às 21 hras!!!


Aire!! Arrima-te!! Anima-te!!


PS. E o 27, en Vigo!! Iremos informando!!

martes, 11 de xuño de 2024

OBRADOIRO DE TIXOLA E OUTRAS PERCUS DE MAO, CON FELISA SEGADE!!


 Peixucxs!! 

Este vindeiro sábado, 15, temos a sorte de contarmos con Felisa Segade para oferecer un obradoiro de Tixola e outras percusións de mao.

Ainda queda unha praza livre. Se che apetecer, estás a tempo. Envia un email a maghua.cantareiros@gmail.com.

Anima-te!! Arrima-te!! 

martes, 4 de xuño de 2024

MAGHÚA NA FESTA DOS PORCOS 2024!!! 8 de xuño!!

 


Peixucx!!


Non vas ter mellor plano para esta fon de semana na cidade d'A Coruña. 

Estaremos a participar o vindeiro sábado na Festa dos Porcos, organizada pola Asociación de Veciñxs de Labañou, San Roque.... ; polo Concello d'A Coruña e pola Asociación Aquí tamén se fala, que traballa sen descanso pola defensa e protección do idioma galego, o idioma de noso. 

Dende o vermu até a noite, haberá xogos, humor e música. 

A xornada anterior, sexta feira 7 de xuño, o Festival Aquí tamén se fala traerá mais música até a Praza da Toleráncia, dende as 17 h.

ANIMA-TE!! ARRIMA-TE!! 






luns, 8 de abril de 2024

MAGHÚA TOCAREMOS NO CONSERVATÓRIO SUPERIOR D'A CORUÑA!!!

 


Peixucx!!


Como comentabamos hai un par de sesmanas (sentimos ser pesadxs....), o vindeiro 12 de abril tocaremos no Auditório Andrés Gaos, do CSM d'A Coruña.... 

Teremos o enrome pracer, e a grandísima responsabilidade, de fecharmos unhas xornadas, a"!ª Xornada Galicia en Man COmús: Ideas, Materia, Sonoridade". 

Música tradicional no Conservatório? Encantadxs.... Obrigadxs a quen nos chamou!!! Ar fresco!!

Podes vir bailar, eh?? Anima-te!!

O programa é o que colamos abaixo...


Aire!!!






luns, 18 de marzo de 2024

MAGHÚA ENTRAMOS NO CONSERVATÓRIO SUPERIOR D'A CORUÑA!!

 


Pois si, amigas e amigos.....O vindeiro 12 de abril, Maghúa daremos o feche às !as Xornadas Galiza en Mao Comun: Ideiasa, Maréria, Sonoridade. 

Tocaremos no Auditório Andrés Gaos, do CSM d'A Coruña, ao rematar o programa que colamos sob estas liñas. 

Haberá baile? Quen sabe... Apresentaremos algo novo? Quen sabe.....

Aire!!



MAGHÚA RECUNCAMOS N'A TOBEIRA DE OZA!!

 


Maghúa celebraremos a nosa Música e Literatura o vindeiro sábado, 6 de abril (bon, sempre o facemos, eh?)


CELEBRANDO A NOSA MÚSICA E LITERATURA  DA MAO DA A. C. XERMOLOS  é unha xornada que comezará às 17.30, coa apresentación de Rádio Pardiñas e da revista e o livro editados por Xermolos.


Às 19.00 o amigo, investigador e músico Ríchi Casás apresenta o seu traballo "Fuliada n'A Vila", livro-CD baseado nas gravaciións que Dorothé Schubart e Antón Santamarina fixeran en marzo de 1981 à sua madriña e à avoa do autor: Rosa e Dolfina, n'A Vila da Eirexa (Cerceda).

Apartir das 20.30, concerto de Maghúa e foliada livre.... Trae o teu instrumento e bota-lle un par de bailes e de pezas!!


Aire!!

MAGHÚA NO PORTO ALÉ, EN SANTA CRUZ!!!

 


Maghúa retomamos o contacto cos bares esta vindeira sexta (venres).


Teremos o enorme pracer de tocarmos na Foliada de Benvida que andan a argallar en Porto Alé (Rua do Mar 2, Santa Cruz, Oleiros).


Fai-nos especial ilusión poder achegar as pezas novas aqui. As cervexas Alé son artesanai, e saben beeennnnn..... 


Anima-te a vir e botar uns bailes. Tamén podes tocar unhas na foliada livre que haberá logo!!!


Aire!!!

venres, 29 de decembro de 2023

DERRADEIRO CONCERTO DO ANO!!! AS CUNCHIÑAS, 30 de decembro, 12 h.





Peixucx!!

Que isto remata!!!

Mañá sábado, às 12 h., comezará a derradeira acción musical desta Maghúa (ollo, no ano, eh?, que queda muito futuro por diante!!).no 2023

Desenvolverá-se na Praza d'As Cunchiñas. Tocaremos na rua, a pelo, Pensamos que o de tocar na rua está fenomennal.... Ver as faces de felicidade de quen baila e de quen non o fai.... De quen insinua un ponto..., de quen anima, de quen dá folgos...., de quen canta as pezas....


Estás convidadx a participar. Torreiro vas ter, e en princípio, non chove (temos cruzados os dedos, e asdedas, tamén), e ainda lle tomamos algo...

Dentro do programa Arraigo, do Concello d'A Coruña

Ti decides!!

Ditoso 2024!! Agardamos que sexa para ti, tan bon como foi para nós, no musical, o 2023....

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COLARES AO XEITO TRADICIONAL

 

Peixucss!!

Comezamos o ano con enerxia!

Convocamos-vos, xunto con @a.c.temponovo, a un obradoiro: Confección de colares ao xeito tradicional.

Impartido por @tellymiser, muller posuidora dunha experiéncia recoñecíbel dentro do vestir tradicional.

Se non sabedes que agasallar(-vos) este 6, se vos presta aprender ou lembrar como se fan os colares ao xeito de noso, ou se vos apetece botar unha tarde de parola a traballar coas maos mentres laricades, podedes apontar.

A xoiaria tradicional vai fenomenal con calquera outfit, queda ben con todo, non unicamente co traxe de noso.

Non se precisa experiéncia prévia....

Onde? Nos locais da @a.c.temponovo, en San Vicenzo de Elviña (Praza Emilio Jaspe Deza, 1).

Cando? Mércores, 3 de xaneiro de 2024.

Canto? 20 € por persoa. Inclue o material necesário para elaborar un colar ao xeito tradicional, que logo podedes levar para a casa.

A quen vai dirixido? A un grupo de entre 8 e 10 persoas. Prazas limitadísimas!!

Se queredes información, enviade ben unha mensaxe directa por aqui, ou ao maghúa.cantareiros@gmail.com

Ou mesmo fala directamente connosco no concerto de mañá sábado, às 12, na praza d'As Cunchiñas, co que despedimos o ano!!!!

martes, 19 de decembro de 2023

MAGHÚA DESPEDIMOS O 2023 AO GRANDE!!!


 Peixucx!!


Toca irmos fechando xa o ano 2023. E imos facé-lo do mellor xeito posíbel:  Botando unhas pezas en duas prazas coruñesas.... , dentro do programa Arraigo, do Concello d'A Coruña.

O vindeiro sábado, 23 de decembro, estaremos na Praza de Lugo, entre as luces de Natal, para que bailedes apartir das 19.00 h.

E o seguinte sábado, 30 de decembro, faremos oco para as uvas na Praza d'As Cunchiñas, arredor das 12.00 h. Boa hora para tomar-lle algo, e botar uns pontos!!

Arrima-te!! Anima-te!!


Como resumo deste ano, no aspeito criativo e musical, andamos encantados de perfilar o que será o noso terceiro traballo (xa era hora, ho!!). Neste senso, xa gravamos uns temiñas novos. E mesmo un vídeo, oia!

Tivemos un non parar de bolos, que compaxinamos ben con semanas de preparación de temas que, aos poucos, imos incorporando ao repertório. . 

Fomos afortunados, coñecemos muita xente marabillosa..., e volvemos tocar en Astúries (xa van uns cantos anos seguidos que tocamos no país veciño), e gañamos un par de concursos (dun ainda non dixemos nada...), 

Este ano non resultou o de irmos a Cuba, porén queda a semente botada para o futuro próximo. 

Desta volta non fozamos o céspede do Náutico de San Vicente do Mar a golpe de baile, como o pasado ano -pasarian uns sabarins?-, porén trouxemos algo importante dende Ogrobe (si, Ogrobe).

Estamos satisfeitos, neste aspeito. 

Somos unha maghúa unida.  E anos como este fan que saiamos reforzados. 

Desexamos-vos un ditoso 2024, e que teñades unhas ben merecidas e boas Festas de inverno!!

E, por suposto, que veña carregado de músicas e bailes tradicionais!!

martes, 14 de novembro de 2023

MAGHÚA ESTAREMOS NA HOMENAXE AO SAPOCONCHO....

 


Este sábado terá lugar a primeira das homenaxes musicais que receberá o Délix, o Sapoconcho. Será no Alpendre Cultural A Tobeira de Oza, às 18.30.

O Sapiño achegou-nos a muitas persoas, e grazas a ele tocamos nalgun local, por contactarmos grazas a ele. 

Lembramos cando, en certa ocasión, foron o Sapo e mais Carmen os únicos asistentes a un concerto noso, para estes nos que cúmpre coller o carro. 

Sempre alentando. Sempre publicitando os concertos, sempre apostando.

Sempre liando-a.... Chegamos gravar un tema con ele, con Olga Brañas, con Mónica de Nut e con Pablo Vidal Mendoza.... Senhora do Almortão, co toque e o salto de Liñares, Avión. e algunha que outra cousa.... 

O dito, mentres lle andan a preparar outras homenaxes por terras do Sul, un feixe de amigas e amigos do Sap9oconcho estaremos a facer o que ao Félix lle prestaba: tocar, facer música. 


MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??