martes, 19 de decembro de 2023

MAGHÚA DESPEDIMOS O 2023 AO GRANDE!!!


 Peixucx!!


Toca irmos fechando xa o ano 2023. E imos facé-lo do mellor xeito posíbel:  Botando unhas pezas en duas prazas coruñesas.... , dentro do programa Arraigo, do Concello d'A Coruña.

O vindeiro sábado, 23 de decembro, estaremos na Praza de Lugo, entre as luces de Natal, para que bailedes apartir das 19.00 h.

E o seguinte sábado, 30 de decembro, faremos oco para as uvas na Praza d'As Cunchiñas, arredor das 12.00 h. Boa hora para tomar-lle algo, e botar uns pontos!!

Arrima-te!! Anima-te!!


Como resumo deste ano, no aspeito criativo e musical, andamos encantados de perfilar o que será o noso terceiro traballo (xa era hora, ho!!). Neste senso, xa gravamos uns temiñas novos. E mesmo un vídeo, oia!

Tivemos un non parar de bolos, que compaxinamos ben con semanas de preparación de temas que, aos poucos, imos incorporando ao repertório. . 

Fomos afortunados, coñecemos muita xente marabillosa..., e volvemos tocar en Astúries (xa van uns cantos anos seguidos que tocamos no país veciño), e gañamos un par de concursos (dun ainda non dixemos nada...), 

Este ano non resultou o de irmos a Cuba, porén queda a semente botada para o futuro próximo. 

Desta volta non fozamos o céspede do Náutico de San Vicente do Mar a golpe de baile, como o pasado ano -pasarian uns sabarins?-, porén trouxemos algo importante dende Ogrobe (si, Ogrobe).

Estamos satisfeitos, neste aspeito. 

Somos unha maghúa unida.  E anos como este fan que saiamos reforzados. 

Desexamos-vos un ditoso 2024, e que teñades unhas ben merecidas e boas Festas de inverno!!

E, por suposto, que veña carregado de músicas e bailes tradicionais!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!

Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...