Amosando publicacións coa etiqueta Alegres e combativas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alegres e combativas. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de novembro de 2022

MAGHÚA AC CO PROXECTO CÁRCERE!!!


Maghúa AC estaremos ao completo (As Maghúas e Maghúa) o vindeiro domingo fronte ao edifício do cárcere vello d'A Coruña. 

Collemos o testemuño do sempre chorado Johnny Cash e a sua visita a Folsom. Bon, desta volta sen présos entre os muros do cárcere. 

Atendemos o chamado que fixo a asociación Proxecto Cárcere, e estaremos en família xunto coas nosas adoradas Pandereperras, co admirado Moncho do Orzán e cos queridos Son d'Aquí.

En caso de que a xuva non deixe trégua, vemo-nos no local de Acéfala (Hércules, 73).


PS.Hai xa uns cantos anos, na AC Maghúa solicitaramos ao (daquela) governo bipartito municipal a cesión do espazo do cárcere para desenvolver os nosos Iº obradoiros Maghúa de Folclore Galego. Estes espazos foron cedidos. Logo chegou o cámbio de governo municipal, e supoñedes como nos foi denegado, polo governo entrante, o que nos fora previamente concedido....

luns, 26 de setembro de 2022

Maghúa no VIIº aniversário do CS A Comuna (A Coruña)!!


O vindeiro sábado, 1 de outubro, haberá festa de aniversário no CS A COMUNA (Doutor Ferrant, A Coruña). Dende as 1300, que comeza a sesión vermu, até que feche o local, pasaremos unha boa récua de participantes nesta celebración. 

  • Sédiva
  • Juanpiño's
  • El Cos
  • Moncho do Orçam
  • Radio Libertadora
  • El Corto
  • Maghúa e As Maghúa, todas à unha!!!

Vén botar uns pontos, ou vén participar doutro xeito nesta festa d¡A COMUNA!!

SEMPRE ALEGRES!!! SEMPRE COMBATIVAS!!

MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??