Amosando publicacións coa etiqueta Patrimonio Inmaterial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Patrimonio Inmaterial. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de febreiro de 2023

Marzo vén coa rede chea!!

 


Peixucxs!!


Este mes vindeiro imos ter faena.... 

Andaremos a pescar n'A Coruña...

- 9/03. Lugar a determinar (ben Palexco, ben Reitoria da UDC), quinta, ao solpor.

- 12/03. La Mimosa (R/Orillamar, zona Atochas). 13.30.

- 16/03. Apartir das 21.30 participaremos nun evento organizado polo estudantado do Conservatório Superior de Música d'A Coruña. 

- 25/03. Collemos a bicicleta para participarmos no Alcuentro Trad-Urbán que se está a xestar na vila de Uviéu. En breve achegamos o programa completo. Haberá actividades, obradoiros, mesas redondas, concertos à noite.... Festón de non perder!!

Xa sabedes. bem aqio. bem em Astúries, achega con gana de botar uns pontos!!

Aire!


venres, 18 de novembro de 2022

MAGHÚA AC CO PROXECTO CÁRCERE!!!


Maghúa AC estaremos ao completo (As Maghúas e Maghúa) o vindeiro domingo fronte ao edifício do cárcere vello d'A Coruña. 

Collemos o testemuño do sempre chorado Johnny Cash e a sua visita a Folsom. Bon, desta volta sen présos entre os muros do cárcere. 

Atendemos o chamado que fixo a asociación Proxecto Cárcere, e estaremos en família xunto coas nosas adoradas Pandereperras, co admirado Moncho do Orzán e cos queridos Son d'Aquí.

En caso de que a xuva non deixe trégua, vemo-nos no local de Acéfala (Hércules, 73).


PS.Hai xa uns cantos anos, na AC Maghúa solicitaramos ao (daquela) governo bipartito municipal a cesión do espazo do cárcere para desenvolver os nosos Iº obradoiros Maghúa de Folclore Galego. Estes espazos foron cedidos. Logo chegou o cámbio de governo municipal, e supoñedes como nos foi denegado, polo governo entrante, o que nos fora previamente concedido....

sábado, 15 de outubro de 2022

TRADICIÓN (d)E PROXIMIDADE: ACCIÓN MUSICAL de MAGHÚA no MERCADO DE SAN AGOSTIÑO!!


Maghúa fixemos hai uns meses unha propsota para participarmos no Plano de Apoio ás Entidades Musicais Locais criado polo Concello d'A Coruña.

Consiste nunha acción musical a desenvolver, neste caso, no Mercado do Santo Agsotiño (San Agustin, nº 1).

Ao comezo da hora do vermuteo, botaremos unha série de pezas mentres quen vaia facer a compra gasta as suas perriñas gordas na compra de proximidade que oferece o Mercado municipal. 

E, se queres vir ver que surpresas (que mistérios haberá....) nos traerá a cersta da compra (que algunha virá, como nas follas das leitugas....), xa sabes que facer o vindeiro sábado 22 de outono às 11.30 da mañá: psaar visitar o Mercado, e pasar das grandes superfícies (a ver, en Maghúa somos amigxs das grandes superfícies convertidas en torreiros para bailar até cair mortos, non das outras).

Mergulla connosco nesta TRADICIÓN (d)E PROXIMIDADE!!!

sábado, 3 de setembro de 2022

A Asociación Cultural Maghúa nas Festas de Elviña 2022!!

 Xentiña!!


Maghúa estaremos presentes nas festas de Elviña que terán lugar a vindeira fin de semana (9 e 10 de setembro)....


Moitxs amigxs participarán tamén.... Tanto o 9, na VI edición do Elviña Sons, festival solidário coa causa de Palestina, e o próprio 10, cunha romaria...


Eis o cartaz!!


E os horários!!



martes, 23 de agosto de 2022

MAGHÚA (Asociación Cultural), na Romaria de Santa Margarida, n'A Coruña!!

 

Co remate deste mes regresa unha das tradicionais festas da nosa cidade, a Romaria da Santa Margarida!!

Tres días de festexos para dar feche (bon, non no senso literal, xa que quedan pendentes as festas de Elviña, Montealto, Novo Mesoiro….) às festas da vila atlántica… Tres días de música de noso, actividades varias, obradoiros….

A sexta (venres), 26 de agosto, distintas asociacións da cidade xuntaremos no cenário do anfiteatro do parque para, entre todas, montarmos a grande noite do folclore. Partillaremos cenário con Cántigas da Terra, AF Aturuxo, A.C. Donaire e a A. C. Son d’Aquí.

O sábado toca ir à escola cos obradoiros que haberá nos arredores da Casa das Ciéncias…. A Asociación Cultural Maghúa impartiremos un obradoiro de Ribeirana no sul de Ponte Vedra, no que achegaremos unha deconstrución de pontos d’O Condado. Ao longo de todo o dia haberá distintos obradoiros para a rapazada e para a mocidade, asi como concertos…

O domingo 28 é o mais tradicional, con concertos e merendiñas.

De andardes n’A Coruña, non o perdades!!

Eis o programa completo!!





xoves, 20 de xaneiro de 2022

Algo de memória, e un CV

Maghúa somos un grupo de cantadores nado na cidade d'A Coruña en Natal de 2006. 

Tentamos anovar a imaxe da música tradicional da Galiza fuxindo de calquera estereótipo ou prexuizo. 

Botan à auga como grupo de cantareiros: voz, pandeireta e outras percusións tradicionais, con dous obxectivos primordiais à hora de traballar: recuperar e transmitir parte da tradición oral do País dos Galegos e Galegas e pasá-lo ben. Nas nosas actuacións, entendemos, a tradición converte en baile e en festa.

Escollemos o nome Maghúa, como unha variante, à galega, do termo "manjúa", empregado tradicionalmente polas xentes do mar na franxa cantábrica para denominar un banco de peixe azul (sardiña, bocarte...), ou no Caribe, para referir ao banco de peixe miúdo. 

No 2009 constituimos a Asociación Cultural Maghúa, o que nos permite dar un pulo às nosas actividades. 

No ano 2010 adican-nos un capítulo completo do seriado Alalá, da TVG, programa que promove a música tradicional galega en todas as suas formas. Eis a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=JRvCDSj3Hdk

Dende o ano 2011 organizamos os Obradoiros Maghúa de Folclore Galego, con notábel suceso de participación. 

No 2012 publicamos o seu primeiro traballo discográfico, sob do título "Corricán", en referéncia a esta técnica de pesca respectuosa co meio. Asi entendemos o traballo de campo que realizamos. 

No 2013 chegamos formar un grupo de baile, e relanzar o Bando de Reis de Neira de Rei neste marabilloso lugar situado entre Baralla e Becerreá, Lugo, no que recuperamos a tradición de andar os  Reis de porta en porta neste val. 

O grupo de cantareiros publican Mátria no 2014. A ideia é levarmos ao tempo no que as avoas, e as avoas destas avoas, pasaban tardes enteiras cantando, contando e fiando histórias aos seus netos e netas à calor das cociñas. Supón a primeira gravación das nosas compañeiras, As Maghúas. 

Representamos a cultura tradicional de Galiza por todo o País, polo Estado e até por parte de Europa: Bologna (Itália), Seia e Porto (Portugal), Xenevra (Suíza), París ou Marsella (Franza).

Aparecemos en distintos meios públicos, galegos e foráneos; na imprensa, no rádio e na TV,

Entre os prémios e mencións acadados (que algun levamos), por esta turma destaca o Iº Prémio no Iº Concurso Folkarria de Música e Baile, celebrado en Alcalá de Henares, Madrid, no seo do Folkarria Eco Festi-Bal, o festival de Bal-Folk mais importante de Europa. 

Impartimos obradoiros de canto, pandeireta e bailes tradicionais a todo tipo de públicos, incluso antes das nosas actuacións. 

Discorgafia de noso: 

- Corricán (2012, Inquedanzas Sonoras)

- Mátria (2014, Inquedanzas Sonoras).

A situación provocada pola pandémia COVID colleu-nos a preparar o noso terceiro traballo, que veu adiada a sua publicación. 


Colaboracións en CD:

- República Billarda. Disco Palán. Editado en 2010 pola Liga Nacional de Billarda.

- Cantares de Reices. Disco colectivo editado polo Concello de Boimorto, A Coruña.

- XXIXa Festa da Carballeira de Zas. Editado en 2012.

- Proxecto Sapoconcho.

- Banda de gaitas Eduardo Lorenzo, publicado pola Artística Gallega do Centro Galego d'A Havana.


Contacto:

maghua.cantareiros@gmail.com

+ (34) 696 607 342 (Davide) / + (34) 881 167 532






MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??