Amosando publicacións coa etiqueta SCRD Tempo Novo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SCRD Tempo Novo. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de decembro de 2023

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COLARES AO XEITO TRADICIONAL

 

Peixucss!!

Comezamos o ano con enerxia!

Convocamos-vos, xunto con @a.c.temponovo, a un obradoiro: Confección de colares ao xeito tradicional.

Impartido por @tellymiser, muller posuidora dunha experiéncia recoñecíbel dentro do vestir tradicional.

Se non sabedes que agasallar(-vos) este 6, se vos presta aprender ou lembrar como se fan os colares ao xeito de noso, ou se vos apetece botar unha tarde de parola a traballar coas maos mentres laricades, podedes apontar.

A xoiaria tradicional vai fenomenal con calquera outfit, queda ben con todo, non unicamente co traxe de noso.

Non se precisa experiéncia prévia....

Onde? Nos locais da @a.c.temponovo, en San Vicenzo de Elviña (Praza Emilio Jaspe Deza, 1).

Cando? Mércores, 3 de xaneiro de 2024.

Canto? 20 € por persoa. Inclue o material necesário para elaborar un colar ao xeito tradicional, que logo podedes levar para a casa.

A quen vai dirixido? A un grupo de entre 8 e 10 persoas. Prazas limitadísimas!!

Se queredes información, enviade ben unha mensaxe directa por aqui, ou ao maghúa.cantareiros@gmail.com

Ou mesmo fala directamente connosco no concerto de mañá sábado, às 12, na praza d'As Cunchiñas, co que despedimos o ano!!!!

martes, 20 de xuño de 2023

MAGHÚA PASAREMOS O SAN XOÁN EN LAZA, OURENSE!! E MAIS COUSIÑAS!!


 Esta semana vén carregadiña!!


- Terza Feira (mércores): botaremos unhas pezas na despedida do curso de baile que imparte @xiaomopo na @a.c.temponovo , en San Vicenzo de Elviña,às 19.30.

- De Elviña marchamos ao @csmacoruna , xa que achegamos para tocar na derradeira foilada deste curso (hai que coller pulo para o vindeiro ano!!) 22.00, na cafetaria.

- A sexta Feira (venres, 23) visitamos Laza fóra do antroido para acompañar às Silveiras do Támega no Campo do Lili. Tentaremos que non fique ninguén sen bailar.... 00.00 h.

- O domingo, 25 deste mes, temos unha sesión vermu no @arnica_cafe, apartir das 13.30.... É boa hora para vir coas crianzas! Fátima e a sua equipa preparan una petiscos ricos, ricos!!

Peixucx!!! Vén!! Baila!! Partilla!!

venres, 20 de xaneiro de 2023

MAGHÚA RECALAMOS EN ELVIÑA, PARA FESTEXAR O SAN VICENZO!!

 

Peixucxs!!

Este vindeiro domingo, co jet lag provocado pola nosa singradura polas terras d'A Límia, poremos proa ao porto refúxio de San Vicenzo de Elviña... A segunda casa (e a primeira dalguns e dalgunhas...).

Se ben nós estaremos na tarde do 22 xunto a Tirulanga Charalengue (quen serán?), o sábado 21 xa poderedes ver aos Juanpiño's...


Vide botar uns pontos!!

Aire!!

MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??