Co remate deste mes regresa unha das tradicionais festas da
nosa cidade, a Romaria da Santa Margarida!!
Tres días de festexos para dar feche (bon, non no senso
literal, xa que quedan pendentes as festas de Elviña, Montealto, Novo Mesoiro….)
às festas da vila atlántica… Tres días de música de noso, actividades varias,
obradoiros….
A sexta (venres), 26 de agosto, distintas asociacións da
cidade xuntaremos no cenário do anfiteatro do parque para, entre todas,
montarmos a grande noite do folclore. Partillaremos cenário con Cántigas da
Terra, AF Aturuxo, A.C. Donaire e a A. C. Son d’Aquí.
O sábado toca ir à escola cos obradoiros que haberá nos
arredores da Casa das Ciéncias…. A Asociación Cultural Maghúa impartiremos un
obradoiro de Ribeirana no sul de Ponte Vedra, no que achegaremos unha deconstrución
de pontos d’O Condado. Ao longo de todo o dia haberá distintos obradoiros para
a rapazada e para a mocidade, asi como concertos…
O domingo 28 é o mais tradicional, con concertos e
merendiñas.
De andardes n’A Coruña, non o perdades!!
Eis o programa completo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario