martes, 23 de agosto de 2022

Maghúa na VIª Edición do Folk no Alobre!! 28 de agosto, en Vila Garcia de Arousa!!

Alobreñas e alobreños, preparade-vos!!

Coa resaca da Romaria da Santa Margarida nas nosas costas...
Chega a VIª edición do #FolknoAlobre - Romaxe Urbana, con xantar, obradoiro de baile tradicional, moita música e visita guiada polo Castro.
A Asociación Pésdebarro organiza esta VIª edición coas actividades que se desenvolverán arredor do Parque Botánico E. Valdés Bermejo:
Ás 11h. | Espectacular Ritual das Penas do Alobre: Visita guiada polo Castro e Parque Enrique Valdés Bermejo con Xurxo Souto (Laura Rabizal, Os Demos da Petaca e guias de Corticata Turismo Medioambiental. Saída da Praza da Independencia.
Ás 13,00h. | Sesión vermú con Barullo.
A partir das 14:00h | Xantar demorado: cada quen trae a súa comida, estará amenizado por grupos tradicionais.
Ás 16,00h.| Obradoiro de Inciaición ao Baile Tradicional con Luis Prego.
E a partir das 18:00 h | Os concertos con:
Grupo Tradicional Os Demos da Petaca
Miguel CadaviecoMiguel Cadavieco e Agnieszda Marciniuk (Cantares y romance al son del Rábel)
Caamaño&Ameixeiras
Maghúa (AC Maghúa Galiza)

Eis o cartaz tan bonito que prepararon xs amigxs da Asociación Pésdebarro!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

MAGHÚA NO MERCADO DAS FLORES (FLORES ROCK)!!

 Peixucx!!  Prepara o calzado para este domingo! Às 12.15 botamos unhas cantareas no Mercado d'As Flores, no Bairro d'As Flores (A C...