luns, 18 de marzo de 2024

MAGHÚA RECUNCAMOS N'A TOBEIRA DE OZA!!

 


Maghúa celebraremos a nosa Música e Literatura o vindeiro sábado, 6 de abril (bon, sempre o facemos, eh?)


CELEBRANDO A NOSA MÚSICA E LITERATURA  DA MAO DA A. C. XERMOLOS  é unha xornada que comezará às 17.30, coa apresentación de Rádio Pardiñas e da revista e o livro editados por Xermolos.


Às 19.00 o amigo, investigador e músico Ríchi Casás apresenta o seu traballo "Fuliada n'A Vila", livro-CD baseado nas gravaciións que Dorothé Schubart e Antón Santamarina fixeran en marzo de 1981 à sua madriña e à avoa do autor: Rosa e Dolfina, n'A Vila da Eirexa (Cerceda).

Apartir das 20.30, concerto de Maghúa e foliada livre.... Trae o teu instrumento e bota-lle un par de bailes e de pezas!!


Aire!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Maghúa encaramos unha fin de semana carregada!!

  Peixucx, Após tocarmos en Lugo polo San Froilán, e outra série de cuestións, encaramos a vindeira fin de semana cheiña de cousas..... -  S...