xoves, 20 de xaneiro de 2022

Algo de memória, e un CV

Maghúa somos un grupo de cantadores nado na cidade d'A Coruña en Natal de 2006. 

Tentamos anovar a imaxe da música tradicional da Galiza fuxindo de calquera estereótipo ou prexuizo. 

Botan à auga como grupo de cantareiros: voz, pandeireta e outras percusións tradicionais, con dous obxectivos primordiais à hora de traballar: recuperar e transmitir parte da tradición oral do País dos Galegos e Galegas e pasá-lo ben. Nas nosas actuacións, entendemos, a tradición converte en baile e en festa.

Escollemos o nome Maghúa, como unha variante, à galega, do termo "manjúa", empregado tradicionalmente polas xentes do mar na franxa cantábrica para denominar un banco de peixe azul (sardiña, bocarte...), ou no Caribe, para referir ao banco de peixe miúdo. 

No 2009 constituimos a Asociación Cultural Maghúa, o que nos permite dar un pulo às nosas actividades. 

No ano 2010 adican-nos un capítulo completo do seriado Alalá, da TVG, programa que promove a música tradicional galega en todas as suas formas. Eis a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=JRvCDSj3Hdk

Dende o ano 2011 organizamos os Obradoiros Maghúa de Folclore Galego, con notábel suceso de participación. 

No 2012 publicamos o seu primeiro traballo discográfico, sob do título "Corricán", en referéncia a esta técnica de pesca respectuosa co meio. Asi entendemos o traballo de campo que realizamos. 

No 2013 chegamos formar un grupo de baile, e relanzar o Bando de Reis de Neira de Rei neste marabilloso lugar situado entre Baralla e Becerreá, Lugo, no que recuperamos a tradición de andar os  Reis de porta en porta neste val. 

O grupo de cantareiros publican Mátria no 2014. A ideia é levarmos ao tempo no que as avoas, e as avoas destas avoas, pasaban tardes enteiras cantando, contando e fiando histórias aos seus netos e netas à calor das cociñas. Supón a primeira gravación das nosas compañeiras, As Maghúas. 

Representamos a cultura tradicional de Galiza por todo o País, polo Estado e até por parte de Europa: Bologna (Itália), Seia e Porto (Portugal), Xenevra (Suíza), París ou Marsella (Franza).

Aparecemos en distintos meios públicos, galegos e foráneos; na imprensa, no rádio e na TV,

Entre os prémios e mencións acadados (que algun levamos), por esta turma destaca o Iº Prémio no Iº Concurso Folkarria de Música e Baile, celebrado en Alcalá de Henares, Madrid, no seo do Folkarria Eco Festi-Bal, o festival de Bal-Folk mais importante de Europa. 

Impartimos obradoiros de canto, pandeireta e bailes tradicionais a todo tipo de públicos, incluso antes das nosas actuacións. 

Discorgafia de noso: 

- Corricán (2012, Inquedanzas Sonoras)

- Mátria (2014, Inquedanzas Sonoras).

A situación provocada pola pandémia COVID colleu-nos a preparar o noso terceiro traballo, que veu adiada a sua publicación. 


Colaboracións en CD:

- República Billarda. Disco Palán. Editado en 2010 pola Liga Nacional de Billarda.

- Cantares de Reices. Disco colectivo editado polo Concello de Boimorto, A Coruña.

- XXIXa Festa da Carballeira de Zas. Editado en 2012.

- Proxecto Sapoconcho.

- Banda de gaitas Eduardo Lorenzo, publicado pola Artística Gallega do Centro Galego d'A Havana.


Contacto:

maghua.cantareiros@gmail.com

+ (34) 696 607 342 (Davide) / + (34) 881 167 532






Maghúa regresamos ao Blogger...

Logo de vários anos en parada pandémica, sen practicamente actividade, e co feche de Blogaliza, andamos de volta no Blogger....

Aqui iremos posteando diferentes cousas, co tempo. Anúncios de concertos, fotos, vídeos, ligazóns a cousas que nos parezan interesantes, recollas.... 

Ademais de navegarmos polo Instagram (https://www.instagram.com/maghua_cantareiros), polo Facebook (podes procurar-nos como Maghúa cantareiros ou como AC Maghúa), tentaremos cavalgar novamente as ondas do Blogger.

Enrola connosco!! Arrima-te!!



MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!

Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...