luns, 16 de maio de 2022

Maghúa en Pontedeume!!

O vindeiro sábado, 21 de maio, Maghúa participamos nos Cantos de Taberna de Pontedeume, organizados por Airiños do Eume.

Ven vestidiñx ao xeito dos '50 para participar no concurso de pasodobres....!!

O programa completo da fin de semana, mais abaixo. Os peixes Nacho e Xiao guiarán un obradoiro de baile o 22!!



Concerto das LETRAS GALEGAS 2022

Mañá, 17 de maio, celebraremos as LETRAS GALEGAS 2022 cun concerto na praza Emilio Jaspe Deza, en San Vicenzo de Elviña.

Apartir das 12 horas tanto As Maghúas como Maghúa botaremos unhas pezas na honra de Gurriarán.

O concerto forma parte da xornada organizada polo Concello d'A Coruña co gallo das nosas LETRAS. 

Galiza é infinda!!! 


martes, 3 de maio de 2022

Maghúa no Sol Celta de Avilés

Compinches!!!

Maghúa visitamos Avilés o vindeiro sábado, 7 de maio, dentro do Festival Sol Celta. 

Partillamos cenário con La Tarrancha, e tamén están Los Gascones.... Seguro que hai unha boa folixa!!!

E mercau tradicional...., e baile, e músicas do mais variadas.....

Aire!!


MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!

Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...