mércores, 29 de xuño de 2022

AS MAGHÚAS NO SERÁN D'AQUÍ!! O 2 DE XULLO, N'A CORUÑA!!

 

As nosas compañairas, As Maghúas, botarán unhas pezas no Serán d'Aquí, organizado polxs amigxs de O Son d'Aquí, ....

Este encontro, xa tradición, cunha vida longa, conta con actividades para todas as idades, durante todo o sábado, na Praza dos avós, no bairro coruñes de Montealto!!


Arrima-te, que o vas pasar ben!!!

MAGHÚA IMOS A MOS!!! O SON DO PAZO, 2 DE XULLO!!!

 


Maghúa visitamo Mos!!!

O vindeiro 2 de xullo participaremos na Foliada que andan a argallar xs amigxs de O Son do Pazo...

Antes de tocarmos nós, haberá un obradoiro de baile ben interesante, a cárrego de Rebeca Tallón,  e un concertiño de A Nosa Terra de Pereiras!!!

Logo, foliada livre!! 

Arrima-te co teu instrumento!!!!

martes, 14 de xuño de 2022

MAGHÚA CELEBRAMOS O XVIIIº ANIVERSÁRIO DO XOLDRA (GUITIRIZ)!!!

 Peixucxs!!!

A vindeira sexta (venres) participaremos nas festas de aniversário do pub Xoldra, de Guitiriz!!!

18 anos (quen nos dera esa idade!!) de vida para un local como este, supón que o traballo que se desenvolve é bon, e do agrado da xentiña..... Nós damos fe... 

Sentimos honrados de poder volver ao Xoldra, logo de case que 6 (?) anos. Para colmo, coincide coa festa da Sidra e da tortilla (o Xoldra do Chitiño é unha institución na sua elaboración)!!

Vide botar uns pontos ao son da pele, da madeira e do metal!! E traede os vosos instrumentos!!

E aproveitade, se podedes, o resto da programación da fin de semana!

Aire!!




venres, 3 de xuño de 2022

Maghúa no Foliadón do Serán '03 (Cidade da Cultura, Compostela)!!

 


Maghúa participaremos no III Encontro galego de Cultura Popular: Serán '03,  que se celebrará entre o 10 e o 12 de xuño na Cidade da Cultura (Compostela).

O Serán '03 encherá o Gaiás de músicas e bailes tradicionais, centrados na figura das pandeireteiras. 

As entradas son de balde. 

Eis o programa: 

Vide botar uns pontos!!!

Maghúa na final do INTERRITMOS: Sons do rural 2022!!

 


Maghúa estamos encantados.... Este vindeiro sábado botaremos o dia no Náutico de San Vicente d'O Mar (Ogrobe) para participar na final do concurso INTERRITMOS. sons do rual, nesta edición de 2022.

As audicións finais comezan às 16.00h!!

Obrigados a quen nos escolleu para chegar a esta fase, e apertas a todas as propostas musicais (as que tocarán mañá e às que non)

Se podes, achega, e bota uns pontos!!!

MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!

Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...