luns, 24 de abril de 2023

MAGHÚA NA NOITE NOS CRUTOS!!!


Rapazada!!


Este vindeiro sábado, 30 de abril, andaremos a tocar neste encontro da Noite dos Crutos...

Partillaremos o espazo do Castro coa Banda de Gaitas Os Rexumeiros de Elviña - Castro, cos bretóns Le Gall Carré e con Luar na Lubre. 

Os Crutos é como a veciñanza de Elviña coñece o Castro que ali se atopa. 

Haberá visitas guiadas ao Castro nas horas indicadas. 

Vén bailar, ho!! É domingo, porén o dia seguinte é feriado!!

mércores, 19 de abril de 2023

MAGHÚA NA SALA KOMINSKY (VIGO)!!!

 

Peixucxs!!

Este vindeiro sábado recalamos no porto de Vigo!!! 

Faremos bon o dito F**k AP9, nunha viaxe lóstrego à cidade olívica, na que tantos e  tan bos recordos temos gardados ainda na retina....!!

Recuperadxs da Reconquista, se queredes botar uns pontos, andaremos a faenar no caladoiro da SALA KOMINSKY, apartir das 21.30....

Avisadxs estades!! Logo non digades!!



sábado, 15 de abril de 2023

Maghúa na Foliada Donaire, en Eirís (A Coruña)!!


Maghúa estaremos cun montón de amigxs na cúpula do parque de Eiris, ao longo desta xornada de sábado...

Ao meiodia gozaremos cos concertos das compañeiras As Lagharteiras e de Fiandola...

Logo, à tardiña, foliada e foliada livre!!

MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!

Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...