luns, 25 de setembro de 2023

MAGHÚA ESTAREMOS NO VI SERÁN CARECO SOLIDÁRIO!!!


Peixucx!!


Esta fin de semana teremos representación no VI Serán Careco Solidário, que os compañeiros OS CARECOS organizan para achegar cartos para a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galiza. 

Xa ves todo o que hai, asi que non tes excusa para non achegar-te a Santo Cláudio, en Ortigueira!!


luns, 18 de setembro de 2023

MAGHÚA IMOS A BOIRO, AO PAZO DE GOIÁNS!!!


 Peixucxs!!

O vindeiro venres remata a nosa participación nas xornadas Interritmos: Sons do Rural (bon, asi, de entrada, probabelmente acheguemos até Samos ou As Nogais, por apoiar às compañeiras!!).

Estaremos con Leni Pérez e Roberto Comesaña no marabilloso espazo do Pazo de Goiáns,en Boiro.

Ademais, haberá palestra sobre as Huchas das avoas, eses espazos máxicos dos que saen pezas de roupa e xoiaria que empregamos con todo o respecto do mundo...

E hai petiscos ao remate (tes-te que apontar, eh?)!!

Aire, rapazada!!



martes, 12 de setembro de 2023

MAGHÚA NA II FESTA RURAL, NO CONCELLO DE FRADES!!


Peixucx!!

Eis o cartaz definitivo do que será a II Festa Rural no Concello de Frades. 

Temos a fortuna de partillar festa con muita xente bonita na casa do noso patillas, Serxo.... 

Eis o programa completo. 

Podes vir con calzado cómodo e con gana de o pasar ben....

Agradecemos, por suposto, a Mingos e ASDECOMOR que contaran connosco, o mesmo que ao Concello de Frades...., e a aposta que fan pola música de noso.... 

Aire!!!! 

venres, 1 de setembro de 2023

MAGHÚA EN EIRIS, A CORUÑA, NA FESTA DA FAMÍLIA!!!



Peixucxs!!

Este vindeiro domingo, 3 de setembro, imos prepaprar-nos para a volta ao cóle botando unhas pezas no parque de Eiris (A Coruña).

O domigo às 14.00, boa hora para irpensando en xantar, andaremos subidos ao palco disposto para tal evento, 
Dentro do programa ARRAIGO do Concello d'A Coruña.

Eis o programa completo: 






 

MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!

Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...