martes, 14 de novembro de 2023

MAGHÚA ESTAREMOS NA HOMENAXE AO SAPOCONCHO....

 


Este sábado terá lugar a primeira das homenaxes musicais que receberá o Délix, o Sapoconcho. Será no Alpendre Cultural A Tobeira de Oza, às 18.30.

O Sapiño achegou-nos a muitas persoas, e grazas a ele tocamos nalgun local, por contactarmos grazas a ele. 

Lembramos cando, en certa ocasión, foron o Sapo e mais Carmen os únicos asistentes a un concerto noso, para estes nos que cúmpre coller o carro. 

Sempre alentando. Sempre publicitando os concertos, sempre apostando.

Sempre liando-a.... Chegamos gravar un tema con ele, con Olga Brañas, con Mónica de Nut e con Pablo Vidal Mendoza.... Senhora do Almortão, co toque e o salto de Liñares, Avión. e algunha que outra cousa.... 

O dito, mentres lle andan a preparar outras homenaxes por terras do Sul, un feixe de amigas e amigos do Sap9oconcho estaremos a facer o que ao Félix lle prestaba: tocar, facer música. 


MAGHÚA NO MERCADO DAS FLORES (FLORES ROCK)!!

 Peixucx!!  Prepara o calzado para este domingo! Às 12.15 botamos unhas cantareas no Mercado d'As Flores, no Bairro d'As Flores (A C...