martes, 11 de xuño de 2024

OBRADOIRO DE TIXOLA E OUTRAS PERCUS DE MAO, CON FELISA SEGADE!!


 Peixucxs!! 

Este vindeiro sábado, 15, temos a sorte de contarmos con Felisa Segade para oferecer un obradoiro de Tixola e outras percusións de mao.

Ainda queda unha praza livre. Se che apetecer, estás a tempo. Envia un email a maghua.cantareiros@gmail.com.

Anima-te!! Arrima-te!! 

MAGHÚA NAS FESTAS DE PALAVEA 2024!!

 

Peixucxs!!

O vindeiro domingo, 16, estaremos dando a murga na Praza Padre Busto, no bairro coruñés de Palavea...

Ao longo de toda a fin de semana haberá música, baile, máxia, humor.....

E o domingo, entre as 13.30 e as 14 h, comezaremos a descárrega de hora e pico de músicas do País!

Como sempre, convidamos-te a que veñas con toda a intención do mundo de bailar, ou de cantares connosco!!


Anima-te!! Arrima-te!! 

martes, 4 de xuño de 2024

MAGHÚA NA FESTA DOS PORCOS 2024!!! 8 de xuño!!

 


Peixucx!!


Non vas ter mellor plano para esta fon de semana na cidade d'A Coruña. 

Estaremos a participar o vindeiro sábado na Festa dos Porcos, organizada pola Asociación de Veciñxs de Labañou, San Roque.... ; polo Concello d'A Coruña e pola Asociación Aquí tamén se fala, que traballa sen descanso pola defensa e protección do idioma galego, o idioma de noso. 

Dende o vermu até a noite, haberá xogos, humor e música. 

A xornada anterior, sexta feira 7 de xuño, o Festival Aquí tamén se fala traerá mais música até a Praza da Toleráncia, dende as 17 h.

ANIMA-TE!! ARRIMA-TE!! 






MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!

Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...