Peixucx!!
Este vindeiro domingo estaremos abrindo a Ruada da Romaria da Antevíspra, organizada polxs amigxs de Camiño Real de Poulo....
Hai case que 20 anos tocabamos no mesmo lugar.
Daquela lembramos(-vos) unha anécdota: non iamos botar a Aña de Gargamala, que tiñamos no repertório. No muro dunha das casas veciñas atopamos 3/4 sachos (ao non termos pensado botar esas pezas, non os levamos). E pillamos (meio às agachadas, e non tanto) as ferramentas para botar aquelas pezas de Mondariz. Ben, na proba de son apareceu o dono da casa (e dos apeiros) e dixo: primeiro, cando toquedes, anunciade que ides tocar cos sachos da casa "X" e, segundo, ao rematar, devolvede-os ao seu sítio, que queden recollidos.
Pois ben, logo de Xisco Feijóo, partillamos Ruada con Camiño Real, coas nosas adoradas Pandeireteiras d'As Encrobas (cantan unhas pezas chulísimas, bailábeis, en especial unha jota à que lle temos botado o ollo....), Folke Ruada, Os Irmáns de Meirama, Pedra Mallada, Bieiteiras e Sementes do Arte.... E tí, se te animas!
Xa sabes!! Anima-te!! Arrima-te!!
PS. Nun par de meses cumprimos 18 anos de travesia!!!!!