xoves, 14 de novembro de 2024

MAGHÚA NO CUBERTO DE CEBEIRO!!


 Peixucx!!


O vindeiro sábado collemos o John Deere para irmos botar unhas pezas nas Xorndadas da Debulla organizadas en Penelas pola asociación Trinxidoiro....

Partilllamos noite con Rosendo (ollo, non é Rosendo Mercado, sernón o),  gaiteiro de Avión!!!


Agardamos-te ali, para bailar!!! E para lle botar unhas, claro!!!


Anima-te!! Arrima-te!!

xoves, 7 de novembro de 2024

MAGHÚA NO MAGOSTO PONTRAGHEIRO!!

 

Peixucx!!

Este vindeiro sábado recuperamos o costume (que non chegamos perder....) de virar a proa cara A Pontragha, en Tordoia!

Logo das actividades lúdico-gastronómicas, comezamos contra as 20.30...., ben acompañados polas compañeiras As Lavercas e pola Banda Municipal de Caracas!! Foliada livre!! Viño con mele (como nos vellos tempos de Carral....!!) e castañas (que é un magosto!).

Como reza o cartaz "obrigatório levar roupa de gala!!), e gaña de botar unhas bailas...

Señora, señoro...., non fique na casa, que o mundo,..., quen sabe?, pode facer caput en calquera intre! 

Anima-te!! Arrima-te!! 

MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!

Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...