venres, 3 de xuño de 2022
Maghúa no Foliadón do Serán '03 (Cidade da Cultura, Compostela)!!
Maghúa na final do INTERRITMOS: Sons do rural 2022!!
Maghúa estamos encantados.... Este vindeiro sábado botaremos o dia no Náutico de San Vicente d'O Mar (Ogrobe) para participar na final do concurso INTERRITMOS. sons do rual, nesta edición de 2022.
As audicións finais comezan às 16.00h!!
Obrigados a quen nos escolleu para chegar a esta fase, e apertas a todas as propostas musicais (as que tocarán mañá e às que non)
Se podes, achega, e bota uns pontos!!!
luns, 16 de maio de 2022
Maghúa en Pontedeume!!
O vindeiro sábado, 21 de maio, Maghúa participamos nos Cantos de Taberna de Pontedeume, organizados por Airiños do Eume.
Ven vestidiñx ao xeito dos '50 para participar no concurso de pasodobres....!!
O programa completo da fin de semana, mais abaixo. Os peixes Nacho e Xiao guiarán un obradoiro de baile o 22!!
Concerto das LETRAS GALEGAS 2022
Mañá, 17 de maio, celebraremos as LETRAS GALEGAS 2022 cun concerto na praza Emilio Jaspe Deza, en San Vicenzo de Elviña.
Apartir das 12 horas tanto As Maghúas como Maghúa botaremos unhas pezas na honra de Gurriarán.
O concerto forma parte da xornada organizada polo Concello d'A Coruña co gallo das nosas LETRAS.
Galiza é infinda!!!
martes, 3 de maio de 2022
Maghúa no Sol Celta de Avilés
martes, 5 de abril de 2022
Maghúa + As Maghúas + Foliada Aberta n'A Brinca, en Corme!!!!
Pois para nos relaxar e coller azos para o que queda de curso, no remate da semana santa, os grupos As Maghúas e nós mesmos botaremos unhas pezas no restaurante A Brinca, en Corme.
luns, 28 de marzo de 2022
MAGHÚA NO SERÁN DO SOR!!
Caros!!
Logo de todo este parón pandémico, comezamos unha nova xeira (e que dure muito!!).
O vindeiro xoves 14 de abril participaremos na xornada que están a argallar xs amigxs de O Serán do Sor...
No entorno da Casa Labrada, en Grañas do Sor...
Arrimade-vos para mover o esqeulete!!
Aire!!
MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!
Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??
-
Peixucx!! Esta fin de semana botaremos unhas cantareas para que ti bailes, en Brión (ollo, na área de Ferrol). Poremos proa ao Brión Folk ...
-
Peixucx!! Levamos tempo sen andarmos por estes lares. Estivemos ben liados..... Coa chegada do mes das Letras Galegas (ollo, que todo o ano...
-
Peixucx, Eis o noso novo traballo, sob o nome xenérico de Tribo. Tribo, porque formamos parte dun colectivo humano, co que celebramos unh...








