mércores, 31 de maio de 2023

Maghúa n'A Mimosa!!




 Peixucs!!


Maghúa andaremos pola Mimosa (Orillamar,14 - A Coruña) o vindeiro domingo 28 de maio....


Hora: 13.30!!

Xa sabes, reflexiona, vota cedo e vén botar uns pontos!!!

luns, 24 de abril de 2023

MAGHÚA NA NOITE NOS CRUTOS!!!


Rapazada!!


Este vindeiro sábado, 30 de abril, andaremos a tocar neste encontro da Noite dos Crutos...

Partillaremos o espazo do Castro coa Banda de Gaitas Os Rexumeiros de Elviña - Castro, cos bretóns Le Gall Carré e con Luar na Lubre. 

Os Crutos é como a veciñanza de Elviña coñece o Castro que ali se atopa. 

Haberá visitas guiadas ao Castro nas horas indicadas. 

Vén bailar, ho!! É domingo, porén o dia seguinte é feriado!!

mércores, 19 de abril de 2023

MAGHÚA NA SALA KOMINSKY (VIGO)!!!

 

Peixucxs!!

Este vindeiro sábado recalamos no porto de Vigo!!! 

Faremos bon o dito F**k AP9, nunha viaxe lóstrego à cidade olívica, na que tantos e  tan bos recordos temos gardados ainda na retina....!!

Recuperadxs da Reconquista, se queredes botar uns pontos, andaremos a faenar no caladoiro da SALA KOMINSKY, apartir das 21.30....

Avisadxs estades!! Logo non digades!!



sábado, 15 de abril de 2023

Maghúa na Foliada Donaire, en Eirís (A Coruña)!!


Maghúa estaremos cun montón de amigxs na cúpula do parque de Eiris, ao longo desta xornada de sábado...

Ao meiodia gozaremos cos concertos das compañeiras As Lagharteiras e de Fiandola...

Logo, à tardiña, foliada e foliada livre!!

luns, 27 de marzo de 2023

Maghúa na Tobeira de Oza, coa INSUBMISA!!


Mentres elas recalan en Vigo, eles faenarán nas augas da Tobeira de Oza, nun mao a mao coa tripulación dos Folkólicos solidário a favor da CSA A INSUBMISA....

A entrada é de 10 ouros.... MANDA TRUCO!!

Non é para perder!! Arrrgggg, mariñeirxs!! 

As Maghúas na Festa da Reconquista!!


As Maghúas van botar unha man a Cachamuíña para ceivar Vigo dos abusos do imperialismo francés....

No Torreiro do Berbés, o vindeiro sábado, 1 de abril!! 18.00 h!! 

Viva Vigo Ceive!!



martes, 21 de marzo de 2023

Vemo-nos o vindeiro sábado en Uviéu!! Vémonos n'Uvieú el viniente sábadu!!


 

O vindeiro sábado, 25 de marzo,  andaremos toda a xornada por Uviéu, a festexar o que nos une co povo asturiano, através da música, o baile  e a pandeireta... 

Tarda-nos partillar con Abéu, con Toma de  Terra, e con DJ Fañagüeta, e contugo!! Na Lata de Zinc!!

MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??