luns, 12 de xuño de 2023

MAGHÚA NA ROMARIA D'AS MERENDAS (AS PONTES)!!


 Peixucx!!

O vindeiro sábado pon as mellores galas, anos 50, se puider ser (si, de cando o bigotes de Ferrol -o da voz de pito-andaba a dar a lata...); vai haber festa n'As Pontes!!

Partillaremos cenário con muita xente querida na Fraga de Rita!!

Aire!!

venres, 9 de xuño de 2023

MAGHÚA NO INTERRITMOS. SONS DO RURAL!!

 


Peixucx!!


Mañá sábado, Maghúa botaremos unhas pezas no Náutuco de San Vicente do Mar, (Ogrobe, si, escrebemos asi o topónimo....) na finalísima do concurso Interritmos: Sond do Rural.... 

POr segundo ano consecutivo resultamos finalistas deste encontro.... 

Ademais da peza que apresentamos ao xúri, Oitavén, imos botar unhas pezas de Rosa e Dolfina (Vila da Igrexa, Cerceda - A Coruña) e quen sabe se algunha cousa mais. 

Cada ano é mais difícil. Porén,..., faremos por encher como a pasada edición!!! Carmona, de Hoy empieza todo (RNE 3) lembra ben o que pasou....

Anima-te!!


O fotón é de Juan Luís Rúa

mércores, 31 de maio de 2023

MAGHÚA EN I3D TECH (A CORUÑA)!!

 


Peixucx,


Esta vindeira quinta (xoves) 1 de xuño, andaremos a botar unhas cantareas nas novas instalacións de I3D Tech n'A Coruña. 

Se podes.... Se queres.... Querer é poder...... Achega-te e bota uns pontos, ademais de coñecer as novas instalacións desta empresa. A nosa empresea é facer-te bailar!!

Haberá viño, petiscos, e a madriñaxe de Leti da Taberna!!!


Mosteiro de Caaveiro, 3, 

20 horas. 1 de xuño.


Aire!!

Maghúa n'A Mimosa!!




 Peixucs!!


Maghúa andaremos pola Mimosa (Orillamar,14 - A Coruña) o vindeiro domingo 28 de maio....


Hora: 13.30!!

Xa sabes, reflexiona, vota cedo e vén botar uns pontos!!!

luns, 24 de abril de 2023

MAGHÚA NA NOITE NOS CRUTOS!!!


Rapazada!!


Este vindeiro sábado, 30 de abril, andaremos a tocar neste encontro da Noite dos Crutos...

Partillaremos o espazo do Castro coa Banda de Gaitas Os Rexumeiros de Elviña - Castro, cos bretóns Le Gall Carré e con Luar na Lubre. 

Os Crutos é como a veciñanza de Elviña coñece o Castro que ali se atopa. 

Haberá visitas guiadas ao Castro nas horas indicadas. 

Vén bailar, ho!! É domingo, porén o dia seguinte é feriado!!

mércores, 19 de abril de 2023

MAGHÚA NA SALA KOMINSKY (VIGO)!!!

 

Peixucxs!!

Este vindeiro sábado recalamos no porto de Vigo!!! 

Faremos bon o dito F**k AP9, nunha viaxe lóstrego à cidade olívica, na que tantos e  tan bos recordos temos gardados ainda na retina....!!

Recuperadxs da Reconquista, se queredes botar uns pontos, andaremos a faenar no caladoiro da SALA KOMINSKY, apartir das 21.30....

Avisadxs estades!! Logo non digades!!



sábado, 15 de abril de 2023

Maghúa na Foliada Donaire, en Eirís (A Coruña)!!


Maghúa estaremos cun montón de amigxs na cúpula do parque de Eiris, ao longo desta xornada de sábado...

Ao meiodia gozaremos cos concertos das compañeiras As Lagharteiras e de Fiandola...

Logo, à tardiña, foliada e foliada livre!!

MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??