xoves, 7 de novembro de 2024

MAGHÚA NO MAGOSTO PONTRAGHEIRO!!

 

Peixucx!!

Este vindeiro sábado recuperamos o costume (que non chegamos perder....) de virar a proa cara A Pontragha, en Tordoia!

Logo das actividades lúdico-gastronómicas, comezamos contra as 20.30...., ben acompañados polas compañeiras As Lavercas e pola Banda Municipal de Caracas!! Foliada livre!! Viño con mele (como nos vellos tempos de Carral....!!) e castañas (que é un magosto!).

Como reza o cartaz "obrigatório levar roupa de gala!!), e gaña de botar unhas bailas...

Señora, señoro...., non fique na casa, que o mundo,..., quen sabe?, pode facer caput en calquera intre! 

Anima-te!! Arrima-te!! 

venres, 11 de outubro de 2024

Maghúa no Festival SiSóns, Enclave Musical, en Compostela!!




Peixucx,

Esta semana participaremos nun encontro musical en Compostela. O SiSóns!! 


O 16 tocaremos no Auditório Abanca da cidade dxs Picheleirxs!! Às 18.30. Logo van Las Sanguijuelas del Guadiana, gruparral de RockandRoll.


Se ollas a foto de abaixo  verás todo o programa!


Anima-te!! Arrima-te!!




luns, 16 de setembro de 2024

MAGHÚA REGRESAMOS AO PORTO DE POULO APÓS CASE QUE 20 ANOS!!


Peixucx!!

Este vindeiro domingo estaremos abrindo a Ruada da Romaria da Antevíspra, organizada polxs amigxs de Camiño Real de Poulo....

Hai case que 20 anos tocabamos no mesmo lugar. 

Daquela lembramos(-vos) unha anécdota: non iamos botar a Aña de Gargamala, que tiñamos no repertório. No muro dunha das casas veciñas atopamos 3/4 sachos (ao non termos pensado botar esas pezas, non os levamos). E pillamos (meio às agachadas, e non tanto) as ferramentas para botar aquelas pezas de Mondariz. Ben, na proba de son apareceu o dono da casa (e dos apeiros) e dixo: primeiro, cando toquedes, anunciade que ides tocar cos sachos da casa "X" e, segundo, ao rematar, devolvede-os ao seu sítio, que queden recollidos.

Pois ben, logo de Xisco Feijóo, partillamos Ruada con Camiño Real, coas nosas adoradas Pandeireteiras d'As Encrobas (cantan unhas pezas chulísimas, bailábeis, en especial unha jota à que lle temos botado o ollo....), Folke Ruada, Os Irmáns de Meirama, Pedra Mallada, Bieiteiras e Sementes do Arte.... E tí, se te animas!

Xa sabes!! Anima-te!! Arrima-te!! 


PS. Nun par de meses cumprimos 18 anos de travesia!!!!! 


luns, 26 de agosto de 2024

Maghúa na Romaria da Santa Margarida!!


Peixucx! 

Mais un ano (xa van tres seguidos) participamos na Romaria da Santa Margarida, n'A Coruña.

O vindeiro sábado, 31 de agosto, às 13.30 h., na explanada da Casa das Ciéncias. 

Vente, chova, ou queime o Lourenzo, aí estaremos, pendentes de ver-te alí, a bailar.... 

Serán uns 50 minutos intensos!!

Logo, obradoiro de baile: "A jota no sul de Ponte Vedra".

Arrima-te!! Anima-te!! 

sábado, 17 de agosto de 2024

Maghúa na Festa da Fresa 2024!!

 

Peixucx!!


Surpresón!! A vindeira terza (martes), às 17.00 h, descarregaremos unhas caixas de parrochas na Festa da fresa 2024, en Eiris!!


Dentro do programa Arraigo, do Concello d'A Coruña.


Organiza a A.VV. de Eiris! 


Arrima-te!! Anima-te!! 


E traz calzado cómodo con gana de bailar!!

venres, 26 de xullo de 2024

MAGHÚA EN CORUXO (VIGO)!!


Peixucx!!


Maghúa estamos a aquecer motores para a visita que facemos mañá a Coruxo, Vigo, da Mao dxs amigxs d'A Buxaina!!

Podes vir preparadx para bailar, ou non. Ti decides!!

Anima-te!! Arrima-te!! 

luns, 8 de xullo de 2024

MAGHÚA EN SAN PEDRO DE NÓS!!!


 Peixucx!!!


O vindeiro 20 de xullo abriremos o rego en San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña).


Respondemos ao chamado dxs amigas d'Os Rueiriños de Nós, pàra botar unhas pezas logo da Mostra Folclórica (xa van XIX!!).


Haberá Mostra folcórica con grupos galegos e estremeños, churrascada, feira de artesania, sorteos, foliada livre.... 

E nós, en Nós, às 21 hras!!!


Aire!! Arrima-te!! Anima-te!!


PS. E o 27, en Vigo!! Iremos informando!!

MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??