xoves, 28 de agosto de 2025

MAGHÚA FACEMOS TRIPLETE ESTA FIN DE SEMANA!!

 




Peixucx! 


Esta fin de semana chega con triplete!!


O sábado 30, obradoiro de percusión tradicional na @romaria_santamargarida, da mao do compañeiro @serxio_perez. 


Logo, a todo meter, collemos cara o Novo Mesoiro....


Xa o domingo, volvemos ao @festivaldelaluz_boimorto, dentro do programa Interritmos...


Anima-te!! Arrima-te!!

venres, 22 de agosto de 2025

MAGHÚA NO BRIÓN FOLK FESTIVAL 1800

 

Peixucx!!

Esta fin de semana botaremos unhas cantareas para que ti bailes, en Brión (ollo, na área de Ferrol).

Poremos proa ao Brión Folk Festival 1800, na primeira edición. 

Agradecidos, de corazón, a quen empeñou dende o minuto cero en que participaramos..... Fai-nos boa ilusión!!

A organización pon de relevo a batalla de Brión, na que o povo (só o povo salva ao povo) desbaratou unha invasión inglesa (dis que un corso celebrou con champaña a vitória e a valentia dxs ferroláns e ferrolás, iso si, uns anos antes de vir ele mesmo cobrar a mesma moeda).

Por desgraza, os ingleses non son os únicos que pensan que é todo seu..... 

Xa ves que hai muitas opcións na fin de semana.... Animas-te?? Arrima-te??

xoves, 7 de agosto de 2025

MAGHÚA NA ROMARIA LABREGA DA CHAIRA!!

 


Peixucx!!

Este vindeiro sábado vemos, de queres, n'Os Vilares. Participaremos na Romaría Labrega d'A Chaira, xunto cunha morea de amigxs.....


Anima-te!! Arrima-te!!

xoves, 17 de xullo de 2025

MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!


Peixucx!!

Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme....

O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas cantas....!

Anima-te botar ti unhas bailas!!

Anima-te!! Arrima-te!!


luns, 30 de xuño de 2025

MAGHÚA NO NÁUTICO DE SAN VICENTE, OGROBE!!


 Peixucx!!


Maghúa estaremos o vindeiro domingo, 29 de xuño, despedindo o ciclo do San Xoaán, no Náutico de San Vicente!!

Vén preparadx para bailar...., e trae crema para o sol!!!


Anima-te!! Arrima-te!!

martes, 24 de xuño de 2025

MAGHÚA NA IV* FESTA AMERGIN FÑDA POESIA ATLÁNTICA


 Peixucx! 


Algun de nós estará na praia do Areal (diante do vello cárcere d'A Coruña), a participar deste evento marabilloso.... Botaremos unhas pezas para que bailes, se quixeres! 

A IV Festa Amergin da Poesia Atlántica acollerá diversos actos no que resta de semana, até o solpor do dia 28....


Obrigados à @acalexandreboveda polo convite!!

xoves, 5 de xuño de 2025

RESUMO DO CICLO (NON REMATADO) DAS LETRAS GALEGAS!!!


 Peixucx!!


Levamos tempo sen andarmos por estes lares. Estivemos ben liados.....

Coa chegada do mes das Letras Galegas (ollo, que todo o ano é das Letras Galegas) tivemos unha série de aventuras. Dividimos en grupos, incluso, para facermos fronte ao que veu....

Visitamos un par de de centros de ensino (e o que queda) achegando o repertório de Agranzón, Mens, e Vila d'A Eirexe.... (5 e 9 de maio).Tamén puxemos o feche à xornada sobre a figura das CANTAREIRAS que organizou a Equipa de Dinamización Lingüística do Conservatório Superior de Música d'A Coruña (8 de maio). 

Participamos do ciclo das Letras Galegas organizado polo Concello d'A Coruña, na noite do 16 de maio. 

O pasado 24 tocamos por primeira vez en Euskal Herria, no Centro Galego de Araba, en Gasteiz. 

Incluso participamos nunhas Residéncias Artísticas en Toledo "El viaje del artista", ao abeiro da Fundación Paideia Galiza e da Fundación Paco de Lucia (si, e doutros entes territoriais).

E, mentres avanzamos na gravación do noso novo traballo, tamén tocamos en Cuba. Da mao da Asociación Cultural Tres por Cuatro, da Federación de Entidades Gallegas, e da S. X. de Emigración da Xunta de Galiza e da Cátedra de Língua Galega da Universidade d'A Havana. 

Oferecemos cinco bólos: 

- Espazo multidisciplinar EL PALENQUE.16/05.

- Irmandade Galega Rosalia de Castro. 17/05.

- Bule Bar 66. Local de Salsa. 17/05.

- Centro Galego d'A Havana. 18/05.

- Cubadisco. Feira Internacional de Música en Cuba. 18/05.


MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??