sábado, 7 de febreiro de 2026

MAGHÚA TEMOS NOVO TRABALLO!! EIS O TRIBO!!!!!


 Peixucx, 


Eis o noso novo traballo, sob o nome xenérico de Tribo. 

Tribo, porque formamos parte dun colectivo humano, co que celebramos unha unión, unha identidade. E porque fai tribo quen, de xeito desinteresado colabora, dun ou doutro xeito. E, en terceiro lugar, non deixamos, a xente do trádi, de sermos unha tribo urbana.... Heteroxénea, abofé que si, porén tribo....

En Tribo hai 17 cortes, centrados en 7 lugares: 

- Gargamala (Mondariz, PO)

- O Ézaro (Dumbria, AC)

- A Illa de Ons (Bueu, PO)

- Vilarello de Donis (Cervantes, LU)

- Liñares (Avión, OU)

- A Vila d'A Igrerxa (Cerceda, AC)

- Santaia de Moar (Frades, AC)

Hai un pouco de todo, a verdade... Solto, agarrado (sobre todo, pasodobres...). 

A presenza das e dos informantes gana mais peso (abre o disco a veciñanza de Aboal, cun cantar da Aña, que nos quedara por meter no Corricán, e tiñamos unha conta pendente), tamén Pilar Mallo ou Amparo de Areal, ou Ricardo Lagares...

Por primeira vez, tamén (si, xa sabemos que en Corricán colaborou connosco o grupo de rock Salvador, porén) no que é o tradicional, gravaron connosco unha série de compañeiras e compañeiros. Quixeramos que foran mais, porén xa virán outras aventuras.... O grupo Xodó, o acordionista, Norberto Magín, à zanfona Eloi Pérez, e à gaita Alejo Gispert.... E o Xurxo Souto arrimou uns textos....!!

E apoiamos na xenerosidade desta Tribo.... Hai uns anos, no 2022, Ríchi Casás pasou o legado da sua família. Rosa e Adolfina Casás eran grandes cantadoras, improvisadoras (diriamos que regueifeiras, pola sua capacidade de improvisar), con grande riqueza de coplas, e de saber.... Se ben no 2023 gravamos tres pezas logo de ganarmos o concurso Interritmos: Sons do Rural, para este traballo regravamos parte do seu repertório. E sentimos que, por tempo. basicamente, Ríchi non puidera estar fisicamente en Tribo. Por outra banda, Guillerme Inácio Costa cedeu parte das recollas que reelaboramos en Ons... Pezas e coplas botadas por Benedita (A Sentuleira), Maria do Cano e Irena Patiño (dó Canexol). Fixemos un remexidos de coplas das que cantaban estas tres muleres, e aló fomos, con catro pezas d'A Illa!

Agardamos que vos preste. Nun par de semanas estará nas plataformas e, xa que logo, apresentaremos onde podamos. 

Está atentx!!!


Bico grande!!

mércores, 5 de novembro de 2025

Maghúa encaramos unha fin de semana carregada!!

 



Peixucx,


Após tocarmos en Lugo polo San Froilán, e outra série de cuestións, encaramos a vindeira fin de semana cheiña de cousas.....

-  Sexta feira (venres) 7: Magosto en Labañou (A Coruña). Arraigo. Concello d'A Coruña.

-  Sábado 8: V° Magosto Arrincadeira (A Pobra do Caramiñal). Rede Cultural Deputación d'A Coruña.

-  Domingo 9: Evento privado.

Xa sabes!! Se podes.... Anima-te!!  Arrima-te!! 


PS. E, de todo ir ben, nun par de semanas o novo traballo vai coa proa cara ao fábrica!!

sábado, 6 de setembro de 2025

MAGHÚA NO MERCADO DAS FLORES (FLORES ROCK)!!


 Peixucx!! 


Prepara o calzado para este domingo! Às 12.15 botamos unhas cantareas no Mercado d'As Flores, no Bairro d'As Flores (A Coruña).

Coa resaca (ollo, emocional, eh?) de ver tantos grupazos metaleiros e punkis destes dias, toca peiteado de pestana para o vermu!! 

Anima-te!! Arrima-te!! 

xoves, 28 de agosto de 2025

MAGHÚA FACEMOS TRIPLETE ESTA FIN DE SEMANA!!

 




Peixucx! 


Esta fin de semana chega con triplete!!


O sábado 30, obradoiro de percusión tradicional na @romaria_santamargarida, da mao do compañeiro @serxio_perez. 


Logo, a todo meter, collemos cara o Novo Mesoiro....


Xa o domingo, volvemos ao @festivaldelaluz_boimorto, dentro do programa Interritmos...


Anima-te!! Arrima-te!!

venres, 22 de agosto de 2025

MAGHÚA NO BRIÓN FOLK FESTIVAL 1800

 

Peixucx!!

Esta fin de semana botaremos unhas cantareas para que ti bailes, en Brión (ollo, na área de Ferrol).

Poremos proa ao Brión Folk Festival 1800, na primeira edición. 

Agradecidos, de corazón, a quen empeñou dende o minuto cero en que participaramos..... Fai-nos boa ilusión!!

A organización pon de relevo a batalla de Brión, na que o povo (só o povo salva ao povo) desbaratou unha invasión inglesa (dis que un corso celebrou con champaña a vitória e a valentia dxs ferroláns e ferrolás, iso si, uns anos antes de vir ele mesmo cobrar a mesma moeda).

Por desgraza, os ingleses non son os únicos que pensan que é todo seu..... 

Xa ves que hai muitas opcións na fin de semana.... Animas-te?? Arrima-te??

xoves, 7 de agosto de 2025

MAGHÚA NA ROMARIA LABREGA DA CHAIRA!!

 


Peixucx!!

Este vindeiro sábado vemos, de queres, n'Os Vilares. Participaremos na Romaría Labrega d'A Chaira, xunto cunha morea de amigxs.....


Anima-te!! Arrima-te!!

xoves, 17 de xullo de 2025

MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!


Peixucx!!

Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme....

O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas cantas....!

Anima-te botar ti unhas bailas!!

Anima-te!! Arrima-te!!


MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??