venres, 18 de agosto de 2023

MAGHÚA NO FESTIVAL DA LUZ, BOIMORTO!!

 


O vindeiro domingo, 27 de agosto, debutamos neste festival 

A noite do 26 segue a festa en Santa Margarida, e faremos por controlar, eh? Que hai que estar frescos como o escarapote nunha poza....

Estaremos no espazo MANS entre as 18 e as 19. Pasa por ali con gana de bailar!!!!

MAGHÚA VOLVEMOS À ROMARIA DA SANTA MARGARIDA, N'A CORUÑA!!

 

Maghúa estaremos mais un ano na Romaria da Santa Margarida.... 


Como feche das festas de agsoto, as distintas entidades e grupos da cidade temos un encontro no parque da Santa Margarida. 

O sábado às 12.30 o noso compañeiro Serxio Pérez impartirá un obradoiro de iniciación às percusións tradicionais. con carácter prévio à nosa participación cun concertiño apartir das 13.30, no espazo da Casa das Ciéncias. 

Vén preparadx para bailar, porque algo novo soará!!


Eis o programa da fin de semana: 



martes, 27 de xuño de 2023

O 1 DE XULLO, EN FRIOL!!


 Peixuvx!!!    


O vindeiro sábado, 1 de xullo, andaremos no Paseo Fluvial do Narla,  Friol, xunto cos amigos de Fixe Trio, Xosé Ambás e Olga Kirk. 

Esta xornada forma parte da programación do Interritmos: Sons do Rural, organizado pola Fundación Deloa e distintos GDR. 

É o primeiro dos concertiños que daremos, como gañadores da edición 2023 do Interritmos, xunto a As Lembranzas, Fixe Trio e Léni Pérez & Roberto Comesaña.


Se vén boa tarde, aproveita para dar un chapuzón, e logo botar unhas bailas!!


Aire!!

CON SANGRE DE MUÉRDAGO ESTA VINDEIRA QUINTA!!!


A vindeira quinta (xoves) estaremos n'A Tobeira, acompañando às compas de Sangre de Muérdago!!!

martes, 20 de xuño de 2023

MAGHÚA PASAREMOS O SAN XOÁN EN LAZA, OURENSE!! E MAIS COUSIÑAS!!


 Esta semana vén carregadiña!!


- Terza Feira (mércores): botaremos unhas pezas na despedida do curso de baile que imparte @xiaomopo na @a.c.temponovo , en San Vicenzo de Elviña,às 19.30.

- De Elviña marchamos ao @csmacoruna , xa que achegamos para tocar na derradeira foilada deste curso (hai que coller pulo para o vindeiro ano!!) 22.00, na cafetaria.

- A sexta Feira (venres, 23) visitamos Laza fóra do antroido para acompañar às Silveiras do Támega no Campo do Lili. Tentaremos que non fique ninguén sen bailar.... 00.00 h.

- O domingo, 25 deste mes, temos unha sesión vermu no @arnica_cafe, apartir das 13.30.... É boa hora para vir coas crianzas! Fátima e a sua equipa preparan una petiscos ricos, ricos!!

Peixucx!!! Vén!! Baila!! Partilla!!

luns, 12 de xuño de 2023

MAGHÚA NA ROMARIA D'AS MERENDAS (AS PONTES)!!


 Peixucx!!

O vindeiro sábado pon as mellores galas, anos 50, se puider ser (si, de cando o bigotes de Ferrol -o da voz de pito-andaba a dar a lata...); vai haber festa n'As Pontes!!

Partillaremos cenário con muita xente querida na Fraga de Rita!!

Aire!!

venres, 9 de xuño de 2023

MAGHÚA NO INTERRITMOS. SONS DO RURAL!!

 


Peixucx!!


Mañá sábado, Maghúa botaremos unhas pezas no Náutuco de San Vicente do Mar, (Ogrobe, si, escrebemos asi o topónimo....) na finalísima do concurso Interritmos: Sond do Rural.... 

POr segundo ano consecutivo resultamos finalistas deste encontro.... 

Ademais da peza que apresentamos ao xúri, Oitavén, imos botar unhas pezas de Rosa e Dolfina (Vila da Igrexa, Cerceda - A Coruña) e quen sabe se algunha cousa mais. 

Cada ano é mais difícil. Porén,..., faremos por encher como a pasada edición!!! Carmona, de Hoy empieza todo (RNE 3) lembra ben o que pasou....

Anima-te!!


O fotón é de Juan Luís Rúa

MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??