venres, 29 de decembro de 2023
DERRADEIRO CONCERTO DO ANO!!! AS CUNCHIÑAS, 30 de decembro, 12 h.
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COLARES AO XEITO TRADICIONAL
Peixucss!!
Comezamos o ano con enerxia!
Convocamos-vos, xunto con @a.c.temponovo, a un obradoiro: Confección de colares ao xeito tradicional.
Impartido por @tellymiser, muller posuidora dunha experiéncia recoñecíbel dentro do vestir tradicional.
Se non sabedes que agasallar(-vos) este 6, se vos presta aprender ou lembrar como se fan os colares ao xeito de noso, ou se vos apetece botar unha tarde de parola a traballar coas maos mentres laricades, podedes apontar.
A xoiaria tradicional vai fenomenal con calquera outfit, queda ben con todo, non unicamente co traxe de noso.
Non se precisa experiéncia prévia....
Onde? Nos locais da @a.c.temponovo, en San Vicenzo de Elviña (Praza Emilio Jaspe Deza, 1).
Cando? Mércores, 3 de xaneiro de 2024.
Canto? 20 € por persoa. Inclue o material necesário para elaborar un colar ao xeito tradicional, que logo podedes levar para a casa.
A quen vai dirixido? A un grupo de entre 8 e 10 persoas. Prazas limitadísimas!!
Se queredes información, enviade ben unha mensaxe directa por aqui, ou ao maghúa.cantareiros@gmail.com
Ou mesmo fala directamente connosco no concerto de mañá sábado, às 12, na praza d'As Cunchiñas, co que despedimos o ano!!!!
martes, 19 de decembro de 2023
MAGHÚA DESPEDIMOS O 2023 AO GRANDE!!!
Peixucx!!
Toca irmos fechando xa o ano 2023. E imos facé-lo do mellor xeito posíbel: Botando unhas pezas en duas prazas coruñesas.... , dentro do programa Arraigo, do Concello d'A Coruña.
O vindeiro sábado, 23 de decembro, estaremos na Praza de Lugo, entre as luces de Natal, para que bailedes apartir das 19.00 h.
E o seguinte sábado, 30 de decembro, faremos oco para as uvas na Praza d'As Cunchiñas, arredor das 12.00 h. Boa hora para tomar-lle algo, e botar uns pontos!!
Arrima-te!! Anima-te!!
Como resumo deste ano, no aspeito criativo e musical, andamos encantados de perfilar o que será o noso terceiro traballo (xa era hora, ho!!). Neste senso, xa gravamos uns temiñas novos. E mesmo un vídeo, oia!
Tivemos un non parar de bolos, que compaxinamos ben con semanas de preparación de temas que, aos poucos, imos incorporando ao repertório. .
Fomos afortunados, coñecemos muita xente marabillosa..., e volvemos tocar en Astúries (xa van uns cantos anos seguidos que tocamos no país veciño), e gañamos un par de concursos (dun ainda non dixemos nada...),
Este ano non resultou o de irmos a Cuba, porén queda a semente botada para o futuro próximo.
Desta volta non fozamos o céspede do Náutico de San Vicente do Mar a golpe de baile, como o pasado ano -pasarian uns sabarins?-, porén trouxemos algo importante dende Ogrobe (si, Ogrobe).
Estamos satisfeitos, neste aspeito.
Somos unha maghúa unida. E anos como este fan que saiamos reforzados.
Desexamos-vos un ditoso 2024, e que teñades unhas ben merecidas e boas Festas de inverno!!
E, por suposto, que veña carregado de músicas e bailes tradicionais!!
MAGHÚA N'AS XÚBIAS!!
Peixucx!! Esta fin de semana andarán n'As Xúbias COAS festas do Carme.... O domingo, contra o meiodia, estaremos nós a botar unhas canta...

-
Peixucxs! A primeira do ano está aí, à volta.... En 3 dias regresamos a San Vicente de Elviña!! Imos festexar o seu patrón! Catro semanas ...
-
Peixucx!! Levamos tempo sen andarmos por estes lares. Estivemos ben liados..... Coa chegada do mes das Letras Galegas (ollo, que todo o ano...
-
Peixucx!! Este vindeiro sábado recuperamos o costume (que non chegamos perder....) de virar a proa cara A Pontragha, en Tordoia! Logo das ...