luns, 18 de marzo de 2024
MAGHÚA ENTRAMOS NO CONSERVATÓRIO SUPERIOR D'A CORUÑA!!
MAGHÚA RECUNCAMOS N'A TOBEIRA DE OZA!!
Maghúa celebraremos a nosa Música e Literatura o vindeiro sábado, 6 de abril (bon, sempre o facemos, eh?)
CELEBRANDO A NOSA MÚSICA E LITERATURA DA MAO DA A. C. XERMOLOS é unha xornada que comezará às 17.30, coa apresentación de Rádio Pardiñas e da revista e o livro editados por Xermolos.
Às 19.00 o amigo, investigador e músico Ríchi Casás apresenta o seu traballo "Fuliada n'A Vila", livro-CD baseado nas gravaciións que Dorothé Schubart e Antón Santamarina fixeran en marzo de 1981 à sua madriña e à avoa do autor: Rosa e Dolfina, n'A Vila da Eirexa (Cerceda).
Apartir das 20.30, concerto de Maghúa e foliada livre.... Trae o teu instrumento e bota-lle un par de bailes e de pezas!!
Aire!!
MAGHÚA NO PORTO ALÉ, EN SANTA CRUZ!!!
Maghúa retomamos o contacto cos bares esta vindeira sexta (venres).
Teremos o enorme pracer de tocarmos na Foliada de Benvida que andan a argallar en Porto Alé (Rua do Mar 2, Santa Cruz, Oleiros).
Fai-nos especial ilusión poder achegar as pezas novas aqui. As cervexas Alé son artesanai, e saben beeennnnn.....
Anima-te a vir e botar uns bailes. Tamén podes tocar unhas na foliada livre que haberá logo!!!
Aire!!!
Maghúa encaramos unha fin de semana carregada!!
Peixucx, Após tocarmos en Lugo polo San Froilán, e outra série de cuestións, encaramos a vindeira fin de semana cheiña de cousas..... - S...
-
Peixucx!! Levamos tempo sen andarmos por estes lares. Estivemos ben liados..... Coa chegada do mes das Letras Galegas (ollo, que todo o ano...
-
Peixucx!! Esta fin de semana botaremos unhas cantareas para que ti bailes, en Brión (ollo, na área de Ferrol). Poremos proa ao Brión Folk ...
-
Peixucx! Algun de nós estará na praia do Areal (diante do vello cárcere d'A Coruña), a participar deste evento marabilloso.... Botarem...



