martes, 23 de agosto de 2022

MAGHÚA (Asociación Cultural), na Romaria de Santa Margarida, n'A Coruña!!

 

Co remate deste mes regresa unha das tradicionais festas da nosa cidade, a Romaria da Santa Margarida!!

Tres días de festexos para dar feche (bon, non no senso literal, xa que quedan pendentes as festas de Elviña, Montealto, Novo Mesoiro….) às festas da vila atlántica… Tres días de música de noso, actividades varias, obradoiros….

A sexta (venres), 26 de agosto, distintas asociacións da cidade xuntaremos no cenário do anfiteatro do parque para, entre todas, montarmos a grande noite do folclore. Partillaremos cenário con Cántigas da Terra, AF Aturuxo, A.C. Donaire e a A. C. Son d’Aquí.

O sábado toca ir à escola cos obradoiros que haberá nos arredores da Casa das Ciéncias…. A Asociación Cultural Maghúa impartiremos un obradoiro de Ribeirana no sul de Ponte Vedra, no que achegaremos unha deconstrución de pontos d’O Condado. Ao longo de todo o dia haberá distintos obradoiros para a rapazada e para a mocidade, asi como concertos…

O domingo 28 é o mais tradicional, con concertos e merendiñas.

De andardes n’A Coruña, non o perdades!!

Eis o programa completo!!





luns, 8 de agosto de 2022

MAGHÚA NO FESTIVAL 27373, BEGONTE (LUGO)!!

 


Maghúa estamos a preparar o palán e a billarda para nos achegar ao Festival 27373, que se celebrará o vindeiro sábado 13 de agosto, en Begonte, Lugo...

Tamén estamos a clarexar as gorxas para botar unhas cantas nun cenário no que acompañaremos a Lydia Botana (Bolboreta), a Flow do Toxo e a Os Vacalouras de Teis!!

No Clube Fluvial de Begonte, dende as sesión vermu, até que o corpo diga "abonda!"

Billarda, serrón, música tradicional, rap, punk, cantora.... Un festón, vaia!!!!

Organiza, con muito gosto, o Castiñeiro Milenario de Begonte... 


Maghúa no mercado artesán Marusía, en Corme!!

 

Maghúa estaremos o vindeiro sábado, 6 de agosto, en Corme, participando xunto a outro grandísimo número de compañeiros e compañeiras, no mercado artesán MARUSÍA....

Organiza a asociación MULLERES DO POBO.

Unha regalia!!!!!

mércores, 29 de xuño de 2022

AS MAGHÚAS NO SERÁN D'AQUÍ!! O 2 DE XULLO, N'A CORUÑA!!

 

As nosas compañairas, As Maghúas, botarán unhas pezas no Serán d'Aquí, organizado polxs amigxs de O Son d'Aquí, ....

Este encontro, xa tradición, cunha vida longa, conta con actividades para todas as idades, durante todo o sábado, na Praza dos avós, no bairro coruñes de Montealto!!


Arrima-te, que o vas pasar ben!!!

MAGHÚA IMOS A MOS!!! O SON DO PAZO, 2 DE XULLO!!!

 


Maghúa visitamo Mos!!!

O vindeiro 2 de xullo participaremos na Foliada que andan a argallar xs amigxs de O Son do Pazo...

Antes de tocarmos nós, haberá un obradoiro de baile ben interesante, a cárrego de Rebeca Tallón,  e un concertiño de A Nosa Terra de Pereiras!!!

Logo, foliada livre!! 

Arrima-te co teu instrumento!!!!

martes, 14 de xuño de 2022

MAGHÚA CELEBRAMOS O XVIIIº ANIVERSÁRIO DO XOLDRA (GUITIRIZ)!!!

 Peixucxs!!!

A vindeira sexta (venres) participaremos nas festas de aniversário do pub Xoldra, de Guitiriz!!!

18 anos (quen nos dera esa idade!!) de vida para un local como este, supón que o traballo que se desenvolve é bon, e do agrado da xentiña..... Nós damos fe... 

Sentimos honrados de poder volver ao Xoldra, logo de case que 6 (?) anos. Para colmo, coincide coa festa da Sidra e da tortilla (o Xoldra do Chitiño é unha institución na sua elaboración)!!

Vide botar uns pontos ao son da pele, da madeira e do metal!! E traede os vosos instrumentos!!

E aproveitade, se podedes, o resto da programación da fin de semana!

Aire!!




MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??