luns, 18 de marzo de 2024

MAGHÚA NO PORTO ALÉ, EN SANTA CRUZ!!!

 


Maghúa retomamos o contacto cos bares esta vindeira sexta (venres).


Teremos o enorme pracer de tocarmos na Foliada de Benvida que andan a argallar en Porto Alé (Rua do Mar 2, Santa Cruz, Oleiros).


Fai-nos especial ilusión poder achegar as pezas novas aqui. As cervexas Alé son artesanai, e saben beeennnnn..... 


Anima-te a vir e botar uns bailes. Tamén podes tocar unhas na foliada livre que haberá logo!!!


Aire!!!

venres, 29 de decembro de 2023

DERRADEIRO CONCERTO DO ANO!!! AS CUNCHIÑAS, 30 de decembro, 12 h.





Peixucx!!

Que isto remata!!!

Mañá sábado, às 12 h., comezará a derradeira acción musical desta Maghúa (ollo, no ano, eh?, que queda muito futuro por diante!!).no 2023

Desenvolverá-se na Praza d'As Cunchiñas. Tocaremos na rua, a pelo, Pensamos que o de tocar na rua está fenomennal.... Ver as faces de felicidade de quen baila e de quen non o fai.... De quen insinua un ponto..., de quen anima, de quen dá folgos...., de quen canta as pezas....


Estás convidadx a participar. Torreiro vas ter, e en princípio, non chove (temos cruzados os dedos, e asdedas, tamén), e ainda lle tomamos algo...

Dentro do programa Arraigo, do Concello d'A Coruña

Ti decides!!

Ditoso 2024!! Agardamos que sexa para ti, tan bon como foi para nós, no musical, o 2023....

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COLARES AO XEITO TRADICIONAL

 

Peixucss!!

Comezamos o ano con enerxia!

Convocamos-vos, xunto con @a.c.temponovo, a un obradoiro: Confección de colares ao xeito tradicional.

Impartido por @tellymiser, muller posuidora dunha experiéncia recoñecíbel dentro do vestir tradicional.

Se non sabedes que agasallar(-vos) este 6, se vos presta aprender ou lembrar como se fan os colares ao xeito de noso, ou se vos apetece botar unha tarde de parola a traballar coas maos mentres laricades, podedes apontar.

A xoiaria tradicional vai fenomenal con calquera outfit, queda ben con todo, non unicamente co traxe de noso.

Non se precisa experiéncia prévia....

Onde? Nos locais da @a.c.temponovo, en San Vicenzo de Elviña (Praza Emilio Jaspe Deza, 1).

Cando? Mércores, 3 de xaneiro de 2024.

Canto? 20 € por persoa. Inclue o material necesário para elaborar un colar ao xeito tradicional, que logo podedes levar para a casa.

A quen vai dirixido? A un grupo de entre 8 e 10 persoas. Prazas limitadísimas!!

Se queredes información, enviade ben unha mensaxe directa por aqui, ou ao maghúa.cantareiros@gmail.com

Ou mesmo fala directamente connosco no concerto de mañá sábado, às 12, na praza d'As Cunchiñas, co que despedimos o ano!!!!

martes, 19 de decembro de 2023

MAGHÚA DESPEDIMOS O 2023 AO GRANDE!!!


 Peixucx!!


Toca irmos fechando xa o ano 2023. E imos facé-lo do mellor xeito posíbel:  Botando unhas pezas en duas prazas coruñesas.... , dentro do programa Arraigo, do Concello d'A Coruña.

O vindeiro sábado, 23 de decembro, estaremos na Praza de Lugo, entre as luces de Natal, para que bailedes apartir das 19.00 h.

E o seguinte sábado, 30 de decembro, faremos oco para as uvas na Praza d'As Cunchiñas, arredor das 12.00 h. Boa hora para tomar-lle algo, e botar uns pontos!!

Arrima-te!! Anima-te!!


Como resumo deste ano, no aspeito criativo e musical, andamos encantados de perfilar o que será o noso terceiro traballo (xa era hora, ho!!). Neste senso, xa gravamos uns temiñas novos. E mesmo un vídeo, oia!

Tivemos un non parar de bolos, que compaxinamos ben con semanas de preparación de temas que, aos poucos, imos incorporando ao repertório. . 

Fomos afortunados, coñecemos muita xente marabillosa..., e volvemos tocar en Astúries (xa van uns cantos anos seguidos que tocamos no país veciño), e gañamos un par de concursos (dun ainda non dixemos nada...), 

Este ano non resultou o de irmos a Cuba, porén queda a semente botada para o futuro próximo. 

Desta volta non fozamos o céspede do Náutico de San Vicente do Mar a golpe de baile, como o pasado ano -pasarian uns sabarins?-, porén trouxemos algo importante dende Ogrobe (si, Ogrobe).

Estamos satisfeitos, neste aspeito. 

Somos unha maghúa unida.  E anos como este fan que saiamos reforzados. 

Desexamos-vos un ditoso 2024, e que teñades unhas ben merecidas e boas Festas de inverno!!

E, por suposto, que veña carregado de músicas e bailes tradicionais!!

martes, 14 de novembro de 2023

MAGHÚA ESTAREMOS NA HOMENAXE AO SAPOCONCHO....

 


Este sábado terá lugar a primeira das homenaxes musicais que receberá o Délix, o Sapoconcho. Será no Alpendre Cultural A Tobeira de Oza, às 18.30.

O Sapiño achegou-nos a muitas persoas, e grazas a ele tocamos nalgun local, por contactarmos grazas a ele. 

Lembramos cando, en certa ocasión, foron o Sapo e mais Carmen os únicos asistentes a un concerto noso, para estes nos que cúmpre coller o carro. 

Sempre alentando. Sempre publicitando os concertos, sempre apostando.

Sempre liando-a.... Chegamos gravar un tema con ele, con Olga Brañas, con Mónica de Nut e con Pablo Vidal Mendoza.... Senhora do Almortão, co toque e o salto de Liñares, Avión. e algunha que outra cousa.... 

O dito, mentres lle andan a preparar outras homenaxes por terras do Sul, un feixe de amigas e amigos do Sap9oconcho estaremos a facer o que ao Félix lle prestaba: tocar, facer música. 


luns, 9 de outubro de 2023

MAGHÚA TOCAMOS EN LEIRO, RIANXO!!






 Peixucx!!


Esta vindeira quinta feira (xoves) abriremos as festas do Carme en Leiro, Rianxo. 

Tiñamos pendente esta visita dende o 5 de agsoto.... E parte do noso  grupo andaba polas Bretañas, en Lorient...

Asi que a quinta collemos a bicicleta para irmos a Leiro!! Tamén tocan Leite con galletas, e DJ Pivitas...

Trae calzado cómodo, e bota uns pontos!!!


Aire!!






luns, 2 de outubro de 2023

MAGHÚA IMOS A SAMOS!!


Peixucxs!!


A Capela do Ciprés de Samos acolle esta sexta (venres), 6 de outubro, o proxecto ‘Interritmos sons do rural no Destino Courel’ organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra – O Courel xunto con outros GDRs.

A xornada comezará coa actuación das compañeiras As lembranzas, e continuará coa palestra ‘Ao son dunha culler’, narrada polas voces de Vanesa Muela e Felisa Segade, que irá seguida do plato final para pechar o día, coa actuación de Maghúa e dunha degustación de produtos locais.

Vai ser un pracer coincidir logo de tanto tempo con Felisa, e coñecermos a Vanesa Muela!!

A mestra e investigadora de musica e bailes tradicionais, Julia Pozo, será a presentadora desta xornada, que define como “un evento no que mostrar o gran legado inmaterial que temos como cultura, formado pola oralidade, os oficios e a arte; que conforma un macrocosmos, onde todo ten o seu lugar e funciona en harmonía grazas á sinerxia do mesmo coa súa contorna e o co traspaso dos tempos”. Como nos verá vestidos esta muller?? Di que de gala estamos ben, porén que de cando imos en plano metaleiro lle molamos tamén.... 


Xa sabes, nenx, se che presta, arrima-te!! E, se queres catar os petiscos da zona, rexistra-te na páxina do Interritmos, ou nas dos distintos GDR....


Aire!!

MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!

  Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??