luns, 18 de marzo de 2024
MAGHÚA ENTRAMOS NO CONSERVATÓRIO SUPERIOR D'A CORUÑA!!
MAGHÚA RECUNCAMOS N'A TOBEIRA DE OZA!!
Maghúa celebraremos a nosa Música e Literatura o vindeiro sábado, 6 de abril (bon, sempre o facemos, eh?)
CELEBRANDO A NOSA MÚSICA E LITERATURA DA MAO DA A. C. XERMOLOS é unha xornada que comezará às 17.30, coa apresentación de Rádio Pardiñas e da revista e o livro editados por Xermolos.
Às 19.00 o amigo, investigador e músico Ríchi Casás apresenta o seu traballo "Fuliada n'A Vila", livro-CD baseado nas gravaciións que Dorothé Schubart e Antón Santamarina fixeran en marzo de 1981 à sua madriña e à avoa do autor: Rosa e Dolfina, n'A Vila da Eirexa (Cerceda).
Apartir das 20.30, concerto de Maghúa e foliada livre.... Trae o teu instrumento e bota-lle un par de bailes e de pezas!!
Aire!!
MAGHÚA NO PORTO ALÉ, EN SANTA CRUZ!!!
Maghúa retomamos o contacto cos bares esta vindeira sexta (venres).
Teremos o enorme pracer de tocarmos na Foliada de Benvida que andan a argallar en Porto Alé (Rua do Mar 2, Santa Cruz, Oleiros).
Fai-nos especial ilusión poder achegar as pezas novas aqui. As cervexas Alé son artesanai, e saben beeennnnn.....
Anima-te a vir e botar uns bailes. Tamén podes tocar unhas na foliada livre que haberá logo!!!
Aire!!!
venres, 29 de decembro de 2023
DERRADEIRO CONCERTO DO ANO!!! AS CUNCHIÑAS, 30 de decembro, 12 h.
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COLARES AO XEITO TRADICIONAL
Peixucss!!
Comezamos o ano con enerxia!
Convocamos-vos, xunto con @a.c.temponovo, a un obradoiro: Confección de colares ao xeito tradicional.
Impartido por @tellymiser, muller posuidora dunha experiéncia recoñecíbel dentro do vestir tradicional.
Se non sabedes que agasallar(-vos) este 6, se vos presta aprender ou lembrar como se fan os colares ao xeito de noso, ou se vos apetece botar unha tarde de parola a traballar coas maos mentres laricades, podedes apontar.
A xoiaria tradicional vai fenomenal con calquera outfit, queda ben con todo, non unicamente co traxe de noso.
Non se precisa experiéncia prévia....
Onde? Nos locais da @a.c.temponovo, en San Vicenzo de Elviña (Praza Emilio Jaspe Deza, 1).
Cando? Mércores, 3 de xaneiro de 2024.
Canto? 20 € por persoa. Inclue o material necesário para elaborar un colar ao xeito tradicional, que logo podedes levar para a casa.
A quen vai dirixido? A un grupo de entre 8 e 10 persoas. Prazas limitadísimas!!
Se queredes información, enviade ben unha mensaxe directa por aqui, ou ao maghúa.cantareiros@gmail.com
Ou mesmo fala directamente connosco no concerto de mañá sábado, às 12, na praza d'As Cunchiñas, co que despedimos o ano!!!!
martes, 19 de decembro de 2023
MAGHÚA DESPEDIMOS O 2023 AO GRANDE!!!
Peixucx!!
Toca irmos fechando xa o ano 2023. E imos facé-lo do mellor xeito posíbel: Botando unhas pezas en duas prazas coruñesas.... , dentro do programa Arraigo, do Concello d'A Coruña.
O vindeiro sábado, 23 de decembro, estaremos na Praza de Lugo, entre as luces de Natal, para que bailedes apartir das 19.00 h.
E o seguinte sábado, 30 de decembro, faremos oco para as uvas na Praza d'As Cunchiñas, arredor das 12.00 h. Boa hora para tomar-lle algo, e botar uns pontos!!
Arrima-te!! Anima-te!!
Como resumo deste ano, no aspeito criativo e musical, andamos encantados de perfilar o que será o noso terceiro traballo (xa era hora, ho!!). Neste senso, xa gravamos uns temiñas novos. E mesmo un vídeo, oia!
Tivemos un non parar de bolos, que compaxinamos ben con semanas de preparación de temas que, aos poucos, imos incorporando ao repertório. .
Fomos afortunados, coñecemos muita xente marabillosa..., e volvemos tocar en Astúries (xa van uns cantos anos seguidos que tocamos no país veciño), e gañamos un par de concursos (dun ainda non dixemos nada...),
Este ano non resultou o de irmos a Cuba, porén queda a semente botada para o futuro próximo.
Desta volta non fozamos o céspede do Náutico de San Vicente do Mar a golpe de baile, como o pasado ano -pasarian uns sabarins?-, porén trouxemos algo importante dende Ogrobe (si, Ogrobe).
Estamos satisfeitos, neste aspeito.
Somos unha maghúa unida. E anos como este fan que saiamos reforzados.
Desexamos-vos un ditoso 2024, e que teñades unhas ben merecidas e boas Festas de inverno!!
E, por suposto, que veña carregado de músicas e bailes tradicionais!!
martes, 14 de novembro de 2023
MAGHÚA ESTAREMOS NA HOMENAXE AO SAPOCONCHO....
Este sábado terá lugar a primeira das homenaxes musicais que receberá o Délix, o Sapoconcho. Será no Alpendre Cultural A Tobeira de Oza, às 18.30.
O Sapiño achegou-nos a muitas persoas, e grazas a ele tocamos nalgun local, por contactarmos grazas a ele.
Lembramos cando, en certa ocasión, foron o Sapo e mais Carmen os únicos asistentes a un concerto noso, para estes nos que cúmpre coller o carro.
Sempre alentando. Sempre publicitando os concertos, sempre apostando.
Sempre liando-a.... Chegamos gravar un tema con ele, con Olga Brañas, con Mónica de Nut e con Pablo Vidal Mendoza.... Senhora do Almortão, co toque e o salto de Liñares, Avión. e algunha que outra cousa....
O dito, mentres lle andan a preparar outras homenaxes por terras do Sul, un feixe de amigas e amigos do Sap9oconcho estaremos a facer o que ao Félix lle prestaba: tocar, facer música.
MAGHÚA NA FOLIADA DAS LETRAS DO CONCELLO D'A CORUÑA!!!
Peixucx! Maghúa tamén estivemos aqui, homenaxeando a Beogña Caamaño, na Foliada das Letras celebrada o 23 de maio...!! Arrimaches??
-
Peixucx!! Esta fin de semana botaremos unhas cantareas para que ti bailes, en Brión (ollo, na área de Ferrol). Poremos proa ao Brión Folk ...
-
Peixucx!! Levamos tempo sen andarmos por estes lares. Estivemos ben liados..... Coa chegada do mes das Letras Galegas (ollo, que todo o ano...
-
Peixucx, Eis o noso novo traballo, sob o nome xenérico de Tribo. Tribo, porque formamos parte dun colectivo humano, co que celebramos unh...







